InicioA UlloaMonterrosoMonterroso incia obras de mellora en camiños municipais

Monterroso incia obras de mellora en camiños municipais

PUBLICADA O

O Concello de Monterroso recibe unha axuda de 61.562 euros da Consellería do Medio Rural para acometer obras de mellora en camiños municipais.
O Goberno local vén de iniciar as obras de mellora e acondicionamento do camiño de titularidade municipal que vai de Viloide á estrada que une Güimil con Sindín pasando por Traslama, ao abeiro do Plan de Mellora de Camiños Rurais 2026-2027.
A Consellería do Medio Rural destina a estas obras unha axuda de 61.562 euros. Os traballos van incluír un novo firme a base de aglomerado en quente, a eliminación de baches e sinalización.
O obxectivo desta actuación é, tal e como explica o rexedor, Eloy Pérez, “garantir a accesibilidade ás explotacións agropecuarias e parcelas agrícolas existentes, así como o paso de calquera tipo de vehículo”.
+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

29N Francisco Conde encabeza a candidatura do PP lucense co obxectivo de traballar “pegados ao territorio”

O Partido Popular de Lugo presentou este venres aos homes e mulleres que integran...

Lugo efectúa traballos de conservación en ventás arqueolóxicas

Nas últimas semanas, o Concello levou a cabo tarefas de limpeza, restauración e selado...

A Deputación destina un millón de euros para o equipamento da residencia de Becerreá

  A xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres a adxudicación do...