InicioLugo e contornaLugoLugo inicia o luns a renovación do acceso á Praza de Abastos...

Lugo inicia o luns a renovación do acceso á Praza de Abastos pola rúa Tuñas Bouzón

A demolición da actual rampa e escaleiras obrigará a pechar temporalmente esta entrada, mentres a Praza continuará aberta ao público

PUBLICADA O

O Concello de Lugo iniciará o próximo luns 24 de agosto a fase de demolición da actual rampa e das escaleiras do acceso lateral á Praza de Abastos pola rúa Tuñas Bouzón, dentro das obras de renovación integral desta entrada.
Os traballos comezarán coa instalación do valado de obra e afectarán temporalmente tanto a este acceso como á zona habitual de carga e descarga. A actuación permitirá substituír a infraestrutura actual por unha nova rampa e unhas escaleiras adaptadas, reducindo a pendente e mellorando as condicións de accesibilidade ao edificio.
A Praza seguirá aberta ao público
A concelleira de Industria e Mercados explicou que o acceso pola rúa Tuñas Bouzón permanecerá temporalmente pechado durante os traballos, pero a Praza de Abastos continuará funcionando con normalidade a través das outras tres entradas.
Entre as alternativas dispoñibles, os usuarios poden acceder tamén desde a Praza de Santo Domingo, a través do aparcadoiro, que conta cun ascensor que permite chegar directamente á planta comercial da Praza.
Un horario especial para facilitar a carga e descarga
Silvia Colmenero indicou que “co obxectivo de minimizar o impacto das obras sobre a actividade dos industriais, o Concello ampliará temporalmente o horario de apertura da Praza os martes e venres”.
Así, a partir do martes 25 de agosto, a Praza abrirá ás 5:30 horas, fronte ás 7:00 horas habituais. Esta hora e media adicional permitirá aos industriais realizar de maneira máis escalonada as operacións de carga e descarga, especialmente nos días de maior recepción de mercadorías e coincidindo coa celebración do Mercado Tradicional.
Esta franxa horaria terá carácter voluntario para os industriais e non modificará o horario de atención ao público. A medida manterase mentres as obras afecten ás condicións habituais de carga e descarga na rúa Tuñas Bouzón.
O Concello busca así compatibilizar a execución dunha actuación necesaria para mellorar a accesibilidade coa actividade diaria da Praza de Abastos, reducindo na medida do posible as molestias para comerciantes, provedores e clientes.
+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

29N Francisco Conde encabeza a candidatura do PP lucense co obxectivo de traballar “pegados ao territorio”

O Partido Popular de Lugo presentou este venres aos homes e mulleres que integran...

Lugo efectúa traballos de conservación en ventás arqueolóxicas

Nas últimas semanas, o Concello levou a cabo tarefas de limpeza, restauración e selado...

A Deputación destina un millón de euros para o equipamento da residencia de Becerreá

  A xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres a adxudicación do...