Home Política Candia insiste nas “supostas irregularidades” do alcalde de Muras por contratos con asesorías ligadas ao BNG

Candia insiste nas “supostas irregularidades” do alcalde de Muras por contratos con asesorías ligadas ao BNG

0
Candia insiste nas “supostas irregularidades” do alcalde de Muras por contratos con asesorías ligadas ao BNG
Candia preside a reunión xunto a outros dirixentes populares.. PP DE LUGO

A presidenta do PP provincial de Lugo, Elena Candia, reivindicou este martes o labor de alcaldes e portavoces populares nunha reunión con dirixentes da zona norte da provincia, na que insistiu nas “supostas irregularidades” do alcalde de Muras, o nacionalista Manuel Requeijo, por “pagar facturas por encima do límite legal para contratos menores a gabinetes xurídicos próximos ao BNG”.

Así o trasladou nun encontro con representantes populares nas comarcas da Terra Chá, Meira e A Mariña, coa que o PP de Lugo pecha un ciclo de reunións de traballo nun curso político, subliñan os populares, “marcado polos escándalos do PSOE coa sucesión de casos de corrupción vinculados ao Goberno de Sánchez e a denuncia ao expresidente da Deputación” José Tomé.

A popular recoñeceu “o traballo diario dos alcaldes para cumprir” cos veciños e veciñas e destacou o labor do PP nos municipios onde “recuperou o goberno” logrando, ademais, “cumprir as súas propostas” como –sinala– é o caso de Viveiro e O Valadouro. Na actualidade, o 65% de poboación da provincia conta cun alcalde ou alcaldesa do Partido Popular. Pero Candia tamén puxo en valor “o papel dos portavoces” nos municipios onde o Partido Popular atópase na oposición.

E como exemplo, aludiu á “constancia” de Eugenia Requeijo no labor de fiscalización ao goberno nacionalista de Muras para detectar, “a pesar das dificultades para acceder á documentación do Concello”, o pago de facturas “por encima do límite establecido legalmente para contratos menores e de forma reiterada a gabinetes xurídicos vinculados ao BNG e Adega, a asociación que leva a Xunta aos xulgados polos parques eólicos”. De feito, lembrou que o PP de Muras presentou denuncia contra o alcalde por suposta prevaricación administrativa continuada.

Os populares cren que “os veciños de Muras teñen que saber que o alcalde leva tempo levantando os reparos de Intervención para abonar facturas por servizos de asesoramento xurídico as empresas vinculadas entre si e con membros do BNG superando o límite legal para contratos menores”.

+ posts