InicioPolíticaA oposición pide alternativas e aval técnico para o novo carril bici...

A oposición pide alternativas e aval técnico para o novo carril bici de Lugo

Lugonovo advirte da falta de concrección deste e doutros proxectos anunciados polo Concello – Os populares sinalan a perda de 500 prazas de aparcadoiro en barrios chave – No BNG piden reformular varios treitos para superar as barreiras orográficas

PUBLICADA O

- Advertisement -

«Moito ruído e poucas noces». Así é como valorou Cristina Pérez Herráiz, representante de Lugonovo, o proxecto de carril bici presentado este luns para a zona de cobertura do EDUSI. «Non deixa de ser outro propósito máis, coma todo o anunciado dende o inicio do mandato, pero igual que o resto de intervencións, sen visos de concretarse nin de materializarse a curto prazo», aseverou.

A falta de estudar en detalle a documentación facilitada polo executivo e, compartindo a necesidade de dotar á capital dunha infraestrutura tan reivindicada pola súa veciñanza, a voceira de Lugonovo salientou que a proposta non é máis ca unha idea «sen ningún tipo de aval técnico» para contar cos permisos autonómicos, debido a que «non dispón de ningún informe de Patrimonio que a valide”.

Pérez Herráiz lamentou a falta de concrección deste e doutros proxectos anunciados durante o mandato. «Os estacionamentos disuasorios, a ampliación das prazas dos parkings, a cuberta de Quiroga Ballesteros e a súa peonalización, o desdobramento de Infanta Helena… todas seguen sendo actuacións no aire», criticou.

O PP CRITICA O IMPACTO NAS PRAZAS DE APARCADOIRO

Dende a formación popular denuncian que o plan «agravará» os problemas de Lugo. A creación do carril bici eliminará na cidade 523 prazas de aparcadoiro. Ameijide explicou que no proxecto presentado polos socialistas especifícase a perda de 2.354,5 metros lineais de prazas de estacionamento.

Ameijide subliñou a perda de prazas de estacionamento en diversos barrios da cidade, como pode ser na Residencia: se perderán 219 prazas para estacionar nunha zona na que «son e serán moi necesarias» pois alí abrirán un centro de saúde, un PAC e unha residencia para persoas da terceira idade, amais das consultas de psiquiatría xa en funcionamento.

O voceiro popular dixo «non comprender» como os socialistas «so fan política para uns poucos». Segundo explicou, o plan de carrís bici presentado o luns só da cobertura ao 20 por cento da cidade e «esquece» o campus, os centros de formación profesional e os centros educativos, todos eles puntos nos que a cidadanía «demanda itinerarios seguros» en bicicleta.

O BNG propón melloras

O voceiro do Bloque Nacionalista Galego, Rubén Arroxo, propuxo alternativas que cumplen coa estratexia EDUSI e salvan a barreira orográfica que supón a rúa Santiago (volta da Viña). Algunhas do propostas do BNG van encamiñadas a rehabilitar roteiros históricos e tradicionais como a rúa Pousadela, e a planificar a unión da rúa Santiago, a ronda do Carme e ronda de Fingoi, na que xa existe un ciclo-vías que habería que unir ao de nova creación.

Como exemplo da mala planificación desta rede de ciclo-vías citan as rutas de bicicleta pola rúa Santiago, «unha das rúas con maior pendente da cidade». E contrapoñen este caso co da rúa Pousadela, «un camiño tradicional cunha pendente pouco pronunciada no tramo entre a zona do Palomar e a ronda do Carme». Outro exemplo do «despropósito» é a unión da Fonte dos Ranchos coa ronda da Muralla a través da rúa Xerman Alonso, de novo unha rúa con pendente pronunciada.

No Plan de Movilidade elaborado para o concello de Lugo xa figuraba, como parte do documento, un apartado no que se informaba de que ‘para a creación dos carriles bici deberíanse utilizar pendentes inferiores ao 4 por cento’. Lugo conta cun 83 % dos viais que cumpren con esta característica, aspecto que foi «ignorado á hora de deseñar esta rede que se pretende financiar con fondos EDUSI, como é o caso da rúa Santiago». Dende o BNG solicitarán que proxecto sexa contrastado con colectivos de usuarios da bicicleta, como Masa Crítica, «que en Lugo amosaron un traballo serio durante anos».

O BNG aposta por crear un sistema intermodal bici-bus que permita que usuarios do transporte público poidan transportar as súas bicicletas nos autobuses, polo menos en liñas  estratéxicas coma a que vencella o barrio da Ponte co Centro da cidade. Arroxo lembrou o modelo de cidades coma Bilbao, que xa incorporaron sistemas de transporte de bicicletas para os autobuses.

ÚLTIMAS

Ainhoa Arteta inaugura coa súa potente voz e ante un cheo total o novo Auditorio Fuxan os Ventos de Lugo

Tras oito anos de espera, este venres abriu as súas portas o novo auditorio...

O luns abre o prazo para apuntarse nas actividades da Reserva Terras do Miño

A Deputación de Lugo abrirá o vindeiro luns o prazo para inscribirse nas novas actividades ambientais...

Denuncian un home en Lugo por levar un martelo-machete de cociña e un coitelo na vía pública

Axentes da Policía Local de Lugo identificaron e denunciaron a un home que portaba...