Home Terra Chá Cospeito Estabilizan o incendio forestal de Cospeito

Estabilizan o incendio forestal de Cospeito

0
Estabilizan o incendio forestal de Cospeito
Labores de extinción dun incendio forestal / Rosa Veiga

Un novo incendio forestal declarouse nas últimas horas no municipio lucense de Cospeito, concretamente na parroquia de Xermar. Pasadas as 20.40 horas, deuse por estabilizado.

Segundo informou Medio Rural, o incendio orixinouse ao redor das 16.00 horas e rolda o cinco hectáreas queimadas. Aínda que non o dan por confirmado, non descartan que se trate dun incendio intencionado, posto que apareceron varios focos simultáneos ao redor da LU-1706, que chegou mesmo a estar cortada no tramo afectado.

Para a súa extinción mobilizáronse tres axentes, 12 brigadas, catro motobombas, unha pa, un técnico, seis helicópteros e dous avións.

+ posts