InicioLugo e contornaLugoO Arde Lucus ofrece aos máis pequenos un espectáculo de ecopercusión

O Arde Lucus ofrece aos máis pequenos un espectáculo de ecopercusión

A alcaldesa, Elena Candia, destacou a implicación dos centros educativos e do profesorado participante, así como o entusiasmo dos nenos e nenas, verdadeiros protagonistas dunha actividade que achegou unha visión diferente e innovadora ao programa do Arde Lucus.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Arde Lucus tamén ten espazo para a creatividade, a educación e a participación da infancia. Un total de 270 nenos e nenas dos colexios As Mercedes, Rosalía de Castro, Anexa, Nadela, Menéndez Pelayo e Sagrado Corazón protagonizaron hoxe unha espectacular exhibición de ecopercusión, unha das novidades incorporadas á programación desta edición.

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, acompañada por membros do equipo de Goberno, asistiu a esta actividade na que o alumnado demostrou que a música pode nacer dos materiais máis cotiáns cando se combinan imaxinación, traballo en equipo e ilusión.

A proposta permitiu aos participantes converter botes de pintura en instrumentos musicais, ofrecendo unha actuación chea de ritmo, coordinación e creatividade que sorprendeu ao público asistente.

Ademais do seu carácter lúdico, a actividade serviu para fomentar valores como a conciencia ambiental, a reutilización de materiais e o traballo colaborativo, demostrando que a aprendizaxe tamén pode realizarse a través da música e da expresión artística.

A alcaldesa destacou a implicación dos centros educativos e do profesorado participante, así como o entusiasmo dos nenos e nenas, verdadeiros protagonistas dunha actividade que achegou unha visión diferente e innovadora ao programa do Arde Lucus.

Con iniciativas como esta, a festa continúa abríndose á participación de toda a cidadanía e incorporando propostas que combinan cultura, educación e convivencia, facendo do Arde Lucus unha celebración cada vez máis diversa e integradora.

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

29N Francisco Conde encabeza a candidatura do PP lucense co obxectivo de traballar “pegados ao territorio”

O Partido Popular de Lugo presentou este venres aos homes e mulleres que integran...

Lugo efectúa traballos de conservación en ventás arqueolóxicas

Nas últimas semanas, o Concello levou a cabo tarefas de limpeza, restauración e selado...

A Deputación destina un millón de euros para o equipamento da residencia de Becerreá

  A xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres a adxudicación do...