O exconselleiro do Mar Alfonso Villares foi elixido o presidente do Goberno galego, Alfonso Rueda, para ser o novo delegado territorial da Xunta en Lugo, despois de que a súa causa por suposta agresión sexual quedase arquivada.
Diso informou Rueda no Consello da Xunta deste luns, no que se realizaron diferentes cambios de “segundos niveis” na organigrama da Administración galega, segundo dixo para afrontar “desafíos na segunda parte da lexislatura”.
Respecto diso, Rueda afirmou que o ata agora delegado da Xunta en Lugo, Javier Arias, cesou “a petición propia”. O presidente da Xunta lembrou que Villares “dimitiu por unha acusación que a xustiza acabou arquivando”, polo que “agora retoma a súa carreira política” como delegado en Lugo.
E é que Rueda xa avanzara a súa intención de recuperar a Villares para a política tendo en conta que o seu caso queda arquivado. O propio exconselleiro compareceu en rolda de prensa o pasado abril para mostrar o seu desexo de retomar “a normalidade” na súa vida privada e profesional, co que deixar atrás “unha etapa de dano irreparable”.
