InicioSucesosRecuperan media tonelada de cable de cobre roubado en Triacastela

Recuperan media tonelada de cable de cobre roubado en Triacastela

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Garda Civil recuperou 580 quilos de cable de cobre subtraído en dúas actuacións levadas a cabo en Triacastela, e culminou unha investigación que se iniciou en abril na que se detivo a tres persoas.

Segundo informou a Comandancia de Lugo, a operación comezou en abril, cando se arrestou a tres persoas integrantes dunha banda especializada no roubo de cable de cobre, e interviñéronse 380 quilos deste material.

O pasado martes, noutro operativo e grazas á colaboración cidadá, a Garda Civil conseguiu intervir outros 200 quilos de cable de cobre.

O cable recuperado foi posto a disposición do Xulgado competente, aínda que permanece baixo custodia da empresa propietaria.

Segundo destacou o Instituto Armado, este tipo de feitos xera unha “notable alarma social nas zonas afectadas” e ocasiona graves prexuízos económicos ás empresas propietarias, ademais de provocar incidencias en infraestruturas de comunicacións e servizos esenciais.

+ posts

ÚLTIMAS

Polémica en Lugo polos traxes dos Reis Magos: o BNG denuncia un gasto “innecesario” de 2.541 euros

A organización da próxima Cabalgata dos Reis Magos de Lugo, prevista para o 5...

A falta de cociñeiros obriga a cambiar menús en colexios de Lugo: denuncian que se serven pizzas e empanadas

Os comedores escolares constitúen un servizo fundamental para milleiros de familias, non só pola...

A Deputación de Lugo aproba o maior orzamento da súa historia: 155,2 millóns de euros para 2027 co voto en contra do PP

A Deputación de Lugo contará en 2027 co maior orzamento da súa historia, cun...

A Fiscalía de Lugo toma cartas no asunto tras as ameazas de bomba en decenas de centros educativos

A Fiscalía Provincial de Lugo abriu de oficio dilixencias de investigación para esclarecer a...