InicioEconomíaSuspendidas as expropiacións de terreos para o eólico Vacaloura até resolver a...

Suspendidas as expropiacións de terreos para o eólico Vacaloura até resolver a paralización cautelar do TSXG

Aínda que nun principio o parque estaba proxectado en terreos do centro penal de Monterroso, finalmente o promotor desistiu de incluír esta zona como parte do parque.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Xunta decidiu suspender a expropiación forzosa de terreos para a construción do eólico Vacaloura, situado entre os municipios Monterroso e Portomarín, á espera de que se resolva sobre a paralización cautelar que realizou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) en 2024 desta instalación por riscos para o medio ambiente.

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este luns o acordo do Consello da Xunta do pasado 16 de marzo que declarou de utilidade pública deste parque eólico, o que habilita as expropiacións.

Con todo, a Xunta sinala que “non resulta razoable continuar a tramitación do procedemento expropiatorio (privando aos propietarios da súa posesión coa ocupación do ben ou dereito expropiado) cando a promotora non pode executar o proxecto por razón da medida cautelar”. Por tal motivo, as expropiacións quedan suspendidas.

En concreto, estas expropiacións afectarán a máis de 40 propietarios de montes veciñais de Novelúa, Vacaloura de San Miguel de Penas, Narón e Vacaloura e Fido.

Aínda que nun principio o parque estaba proxectado en terreos do centro penal de Monterroso, finalmente o promotor desistiu de incluír esta zona como parte do parque.

+ posts

ÚLTIMAS

Polémica en Lugo polos traxes dos Reis Magos: o BNG denuncia un gasto “innecesario” de 2.541 euros

A organización da próxima Cabalgata dos Reis Magos de Lugo, prevista para o 5...

A falta de cociñeiros obriga a cambiar menús en colexios de Lugo: denuncian que se serven pizzas e empanadas

Os comedores escolares constitúen un servizo fundamental para milleiros de familias, non só pola...

A Deputación de Lugo aproba o maior orzamento da súa historia: 155,2 millóns de euros para 2027 co voto en contra do PP

A Deputación de Lugo contará en 2027 co maior orzamento da súa historia, cun...

A Fiscalía de Lugo toma cartas no asunto tras as ameazas de bomba en decenas de centros educativos

A Fiscalía Provincial de Lugo abriu de oficio dilixencias de investigación para esclarecer a...