Home Lugo e contorna Lugo Falece un home sen fogar cerca da estación de autobuses en Lugo

Falece un home sen fogar cerca da estación de autobuses en Lugo

0
Falece un home sen fogar cerca da estación de autobuses en Lugo
Estación de buses de Lugo | ALX

Un home sen fogar orixinario de Zaragoza faleceu por causas naturais esta madrugada nas inmediacións da Estación de Autobuses de Lugo.

Tal e como confirmou a Policía Nacional, o home faleceu na madrugada deste sábado, entre as 2.00 e as 3.00. Aínda que era natural de Zaragoza levaba un tempo na cidade amurallada.

Ata o lugar dos feitos desprazouse a Policía Nacional, un médico forense e persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia. Con todo, só se puido confirmar a súa morte.

+ posts