InicioLugo e contornaLugoReunións de Candia con representantes do Arde Lucus e Lugo Monumental de...

Reunións de Candia con representantes do Arde Lucus e Lugo Monumental de cara a colaborar co tecido asociativo

PUBLICADA O

- Advertisement -

 

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, e os concelleiros Damián Carballo e Mar Carballas mantiveron un encontro de traballo con representantes das asociacións que fan posible cada ano o Arde Lucus, co obxectivo de iniciar a coordinación da próxima edición, que se celebrará do 18 ao 21 de xuño de 2026 e coincidirá co 25 aniversario desta festa de recreación histórica.

 Durante a reunión abordáronse diferentes cuestións organizativas e administrativas vinculadas á colaboración co tecido asociativo, destacando a vontade do novo goberno municipal de traballar desde o diálogo, o consenso e a planificación.

 O executivo local trasladou ás asociacións que son a parte máis importante do Arde Lucus e que calquera decisión que lles afecte deberá ser estudada, dialogada e planificada con tempo suficiente,  consensuando os cambios que poidan adoptarse.

 Durante o encontro, tanto as asociacións como o goberno municipal coincidiron na importancia de traballar desde este momento nunha edición especial do Arde Lucus con motivo do seu 25 aniversario.

 

LUGO MONUMENTAL

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, e a concelleira Cristina Sanz recibiu no Concello a representantes da asociación Lugo Monumental nun encontro de traballo solicitado pola propia entidade e ao que o goberno municipal deu resposta inmediata.

 Durante a reunión abordáronse diferentes asuntos relacionados coa situación do centro histórico, entre eles os problemas de mobilidade derivados da implantación da Zona de Baixas Emisións, o futuro da antiga estación de autobuses, a posibilidade de impulsar unha dotación deportiva no edificio da antiga OJE ou a recuperación dos quioscos que permanecen sen uso desde o ano 2011

+ posts

ÚLTIMAS

Denuncian a supresión da área de Promoción da Lingua no Concello de Lugo

A Plataforma Queremos Galego denunciou a supresión da área de Promoción da Lingua no...

A Granxa Gayoso Castro acolle un curso de dixitalización de sistemas de xurro no que participan preto de 50 gandeiros

  O Deputado de Recursos Sostibles, Francisco Cajoto Caserío, participou este mércores na inauguración da...

O PP acusa ao BNG de “mala xestión” da Área de Cultura da Deputación por “xerar un alto número de renuncias”

O PP condena a “mala xestión” e a “falta de operatividade” da Área de...

Candia unificará as dúas brigadas municipais de reparación viaria

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, e o concelleiro de Mobilidade e Obras, Antonio...