InicioTerra CháVilalbaVilalba investirá máis dun millón de euros para mellorar servizos e infraestruturas

Vilalba investirá máis dun millón de euros para mellorar servizos e infraestruturas

A alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco, puxo en valor esta actuación, subliñando que “estamos ante un proxecto fundamental para garantir un servizo básico en condicións, que vai ter un impacto directo no día a día da veciñanza”.

PUBLICADA O

- Advertisement -

 

O Concello de Vilalba aprobou no pleno extraordinario celebrado esta mañá un conxunto de proxectos que supoñen un investimento global superior ao millón de euros, destinados á mellora de servizos básicos e infraestruturas tanto no casco urbano como nas parroquias.

A maioría das propostas saíron adiante por unanimidade, agás o proxecto de renovación do saneamento da rúa Plácido Peña e a modificación de viario no campo da feira, nos que o Partido Popular optou pola abstención.

Entre as actuacións aprobadas destaca a renovación da rede de saneamento da rúa Plácido Peña, cun investimento de 817.944,21 euros, unha intervención de gran relevancia que permitirá mellorar o funcionamento dun servizo esencial para a veciñanza, resolvendo problemas como filtracións, perdas e deficiencias na rede actual.

A alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco, puxo en valor esta actuación, subliñando que “estamos ante un proxecto fundamental para garantir un servizo básico en condicións, que vai ter un impacto directo no día a día da veciñanza”.

Neste sentido, Rouco incidiu na necesidade de avanzar na mellora do ciclo da auga e reclamou un maior compromiso por parte das administracións competentes. “Os vilalbeses e vilalbesas levan anos pagando na súa factura da auga un canon que xestiona Augas de Galicia e que, por lei, debería reverter en investimentos no propio municipio”, explicou.

A alcaldesa detallou que “desde o ano 2012 ata 2024, a veciñanza de Vilalba achegou arredor de 1,8 millóns de euros a Augas de Galicia, dos que apenas se revertiron 15.000 euros a través dunha subvención solicitada polo propio Concello”. “É evidente que hai unha débeda coa nosa vila e que é necesario que eses recursos volvan en forma de investimentos reais en Vilalba”, engadiu.

O pleno aprobou tamén outros proxectos de mellora de infraestruturas, entre eles a rexeneración dos accesos ao núcleo de Cabanamille, na parroquia de Belesar, cun investimento de 48.380,64 euros, e a actuación no acceso ao polígono industrial desde a LU-P-6502, cun orzamento de 150.000 euros, que permitirá reforzar a seguridade nun punto estratéxico.

Ademais, saíu adiante a modificación de viario no campo da feira para a creación dun novo espazo infantil, financiado a través do Plan Deputación, así como actuacións de mellora de vías municipais nas parroquias de Oleiros, Román, Lanzós e San Simón da Costa, orientadas a reforzar a accesibilidade e a mobilidade no rural.

A alcaldesa, Marta Rouco, destacou o conxunto destas actuacións como parte dunha liña de traballo clara. “Falamos de investimentos importantes, que chegan a todo o territorio e que responden a necesidades reais da veciñanza. Ese é o compromiso deste goberno: actuar, avanzar e mellorar Vilalba”, concluíu.

+ posts

ÚLTIMAS

Rueda defende a moción en Lugo entre acusacións de “comprar poder” e “incumprir” os estatutos do PP

A sesión de control do Pazo do Hórreo anticipou este martes o guión que...

O PP acusa á Deputación de financiar con fondos públicos á Federación de Veciños e os ‘hooligans’ da directiva

Os deputados do Grupo Provincial do Partido Popular de Lugo amosaron hoxe a súa...

A plataforma contra o transfuguismo convoca unha nova protesta antes da moción de censura en Lugo

A plataforma ‘Transfuguismo Non, Democracia Si’ convocou unha terceira concentración para protestar contra a...

A Deputación presenta a campaña de divulgación sobre a eclipse total de sol do 12 de agosto

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, presentou esta tarde na Sala de...