InicioMedioambiente e PatrimonioO paseo do Río Rato, un verxel con 155 hortos urbanos en...

O paseo do Río Rato, un verxel con 155 hortos urbanos en pleno centro de Lugo

A Deputación de Lugo xestiona e mantén tamén as 32 parcelas urbanas de Paxariños, de titularidade municipal

PUBLICADA O

- Advertisement -

O entorno do paseo do Rato, no concello de Lugo, acolle un verdadeiro vergel de 155 parcelas públicas nas que lucenses e veciños de municipios limítrofes cultivan a pleno rendemento produtos de agricultura ecolóxica, dentro do programa de hortos urbanos da Deputación de Lugo. A finais de marzo formalizouse unha nova adxudicación coa entrega de 50 hortos: 12 autorizacións foron para antigos usuarios aos que lles expiraba a concesión e as 38 restantes asignáronse a novos beneficiarios, que poderán empregar eses espazos de 30 metros cadrados por un período máximo de catro anos.

Pero, ademais de cultivar os seus propios tomates, leitugas ou pementos, o programa complétase cun servicio de formación en horticultura ecolóxica para que as persoas usuarias aprendan de xeito gratuíto aspectos relacionados co terreo, os recursos, os materiais ou a maquinaria.

Deste xeito, o programa da Deputación de Lugo non só impulsa o aproveitamento responsable dos recursos naturais no ámbito urbano, senón que tamén promove hábitos de vida saudables, o consumo de proximidade, o contacto coa natureza e funciona como unha vía para favorecer a participación cidadá e a convivencia.

ESPACIOS INTERXERACIONAIS

Aparte das persoas maiores de idade empadroadas en Lugo ou noutros concellos limítrofes (Castro de Rei, Castroverde, O Corgo, Friol, Guntín e Outeiro de Rei), tamén poden manter o seu propio horto urbano asociacións sen ánimo de lucro que traballen con persoas con discapacidade, en risco de exclusión ou colectivos ambientais, así como centros educativos e ANPAs.

Son tamén espazos de convivencia interxeracional, nos que se intercambian coñecementos e se crea comunidade”, destaca a Deputación de Lugo, subliñando o carácter social e educativo dos seus hortos urbanos.O compromiso coa sustentabilidade ambiental e coa promoción da agricultura ecolóxica por parte da institución provincial, cogobernada por un bipartito de PSdeG e BNG, complétase coa xestión e o mantemento dos 32 hortos urbanos de Paxariños, de titularidade municipal. Este acordo materializouse co Concello de Lugo para mellorar a eficiencia na xestión dese espazo, que se atopa entre a ladeira de Fontiñas e o paseo fluvial do Rato, aos pés do barrio lucense de Xuíz.

RESERVAS DA BIOSFERA

Os hortos urbanos forman parte dunha acción máis ampla posta en marcha pola Deputación de Lugo para fomentar o coñecemento e a posta en valor das Reservas da Biosfera, “das que a provincia de Lugo é o máximo expoñente en Galicia”. “A fórmula baséase en favorecer o desenvolvemento sostible mediante iniciativas que aproveiten a riqueza natural, tanto no eido do sector primario como no turístico”, sinala a Deputación lucense en referencia ás Reservas da Biosfera de Terras do Miño e de Os Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá.

+ posts

ÚLTIMAS

Hospitalizadas dúas persoas tras unha colisión frontal entre unha furgoneta e un turismo en Vilalba

Dúas persoas tiveron que ser trasladas polos servizos sanitarios tras producirse unha colisión frontal...

‘Raíces nas Augas’: a obra que aborda as migracións entre Europa e o Río da Prata combinando o rigor e a dimensión humana

‘Raíces nas Augas’ é unha obra que reconstrúe, en palabras do seu autor, o...

Investigan a morte dunha muller tras precipitarse na Muralla de Lugo

Unha muller faleceu na madrugada deste domingo tras precipitarse desde a Muralla de Lugo,...

A moción de censura de Lugo irrompe no Parlamento galego

A moción de censura impulsada polo PP en Lugo, que se debaterá o vindeiro...