InicioComarca da FonsagradaA FonsagradaXulgan a dous veciños da Fonsagrada por unha agresión mutua con ferramentas...

Xulgan a dous veciños da Fonsagrada por unha agresión mutua con ferramentas agrícolas

A Fiscalía solicita entre dous e catro anos de cárcere mentres as acusacións elevan a petición ata os 14 anos por intento de asasinato.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Audiencia Provincial de Lugo acolleu o xuízo contra dous veciños dunha pequena localidade da Fonsagrada, acusados mutuamente de agredirse nun episodio violento ocorrido en 2022, no marco dun conflito veciñal sostido no tempo. Os feitos producíronse o 5 de febreiro dese ano, cando, segundo a Fiscalía, un dos acusados achegouse ao seu veciño mentres este realizaba labores agrícolas e, tras unha discusión, atacouno cunha pa. No transcurso do enfrontamento, este respondeu golpeándoo cunha aixada, alegando que actuou “temendo pola súa vida” e en defensa propia.

Como consecuencia da agresión, o presunto primeiro agresor sufriu lesións de extrema gravidade, entre elas a perda dun ollo e a fractura do tabique nasal. Pola súa banda, o outro resultou ferido nunha man, no antebrazo e sufriu unha contusión lumbar, ademais dun cadro ansioso-depresivo posterior. A relación entre ambos estaba marcada por continuos enfrontamentos derivados de disputas relacionadas co gando. Este conflito xa tivera episodios no pasado, como en 2011, cando o ferido de maior gravidade foi condenado por disparar contra a vivenda do outro.

A Fiscalía solicita agora catro anos de cárcere para o que se defendeu por un delito de lesións agravadas, mentres que pide dous anos para o outro por un delito de lesións con instrumento perigoso. Con todo, as acusacións particulares elevan a gravidade dos feitos e solicitan penas de ata 14 anos de prisión para cada un por intento de asasinato ou, subsidiariamente, 9 anos por homicidio en grao de tentativa.

Durante o xuízo, ambos os acusados ofreceron versións contrapostas. Axentes da Garda Civil sinalaron que, ao chegar ao lugar, atoparon ao ferido menos grave moi nervioso e con intención de colaborar, sendo el quen chamou aos servizos de emerxencia. Ademais das penas de prisión, a Fiscalía reclama indemnizacións cruzadas: máis de 54.000 euros para un polas graves secuelas e preto de 8.000 euros para o outro polas súas lesións.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP de Lugo acusa ao BNG de “desgoberno” nas contas municipais no anterior goberno local

O goberno municipal de Lugo elevou este martes o ton da confrontación política cos...

Detido un home por insultar e golpear a un axente da Policía Local de Lugo

Segundo informa a Policía Local nun comunicado, os axentes atopábanse de patrulla cando foron...

Lugo reactiva tras case cinco anos a Mesa Local de Comercio para impulsar novas medidas de apoio ao sector

O Concello de Lugo reactivou este martes a Mesa Local de Comercio despois de...

O único xulgado polo incendio mortal en Tableros Hispanos de Nadela nega a súa responsabilidade no sinistro

O xuízo polo incendio mortal rexistrado en 2019 na planta de Tableros Hispanos de...