InicioLugo e contornaLugoArroxo reclama saber que "tipo de beneficio" tería Reigosa se apoia a...

Arroxo reclama saber que “tipo de beneficio” tería Reigosa se apoia a moción de censura

O tenente de alcalde do BNG en Lugo, Rubén Arroxo, delcarou: "se a moción de censura faise a cambio dalgún tipo de beneficio para Reigosa, estariamos ante o maior escándalo político da historia galega"

PUBLICADA O

- Advertisement -

O tenente de alcalde do BNG en Lugo, Rubén Arroxo, reclamou este martes aclaracións públicas á líder do Partido Popular na cidade, Elena Candia, e á exconcelleira socialista María Reigosa, sobre os rumores “que a veciñanza leva días trasladando” da presentación dunha moción de censura no Concello de Lugo.

“Se a moción de censura faise a cambio dalgún tipo de beneficio para Reigosa, estariamos ante o maior escándalo político da historia galega”, advirte, sobre unha actuación que cualifica de “falta de ética e inmoral”. Neste sentido, instou a ambas as representantes a “aclarar se isto é verdade ou non”, á vez que opina que a falta de explicacións só contribúe a aumentar a preocupación social.

O portavoz nacionalista cargou tamén contra a estratexia do Partido Popular, ao que acusou de “tratar de aproveitarse da morte de tres persoas para levar adiante unha moción de censura en contra do que decidiron as urnas en maio de 2025”. A este respecto, foi especialmente contundente ao afirmar que “é inmoral aproveitarse da morte de varias persoas para impulsar un cambio de goberno”.

Así mesmo, Arroxo cuestionou a actitude de Candia, a quen reprochou o seu silencio ante as acusacións: “Ten que deixar de gardar silencio e explicar se os rumores son certos ou non”. Tamén puxo en dúbida a súa vinculación coa cidade, asegurando que “para Elena Candia, Lugo é só un banzo máis na súa carreira política”.

O dirixente do BNG concluíu reiterando o seu compromiso coa xestión municipal e asegurando que a súa formación continuará traballando “para mellorar a vida dos veciños e veciñas e facer de Lugo un lugar mellor”.

+ posts

ÚLTIMAS

Convocou a Xunta unha praza específica para María Reigosa en Medio Ambiente?

PSOE e BNG de Lugo fixeron público un comunicado conxunto no que esixen á...

O PP de Lugo defende a moción de censura en Lugo: “é para dar estabilidade á cidade”

O presidente da xunta local do Partido Popular en Lugo, Ramón Carballo, levantou o...

A Deputación presenta na poxa de Pedrafita cinco xovencas da Granxa Gayoso Castro

  O Deputado de Medio Ambiente, Carlos López, asistiu este xoves á poxa de xovencas...

O PP denuncia que BNG e Vilalba Aberta “non están para dialogar” para unha moción de censura

“O BNG e Vilalba Aberta non están para dialogar, senón polo non a todo”,...