InicioSucesosDetido por agresión a un policía nacional no campo Anxo Carro

Detido por agresión a un policía nacional no campo Anxo Carro

Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron sobre as 20.30 horas do pasado domingo, nas inmediacións do estadio, onde se disputaba un partido entre o Club Deportivo Lugo e ao Club de Fútbol.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional de Lugo detiveron o pasado fin de semana a un individuo que causou un altercado con axentes e con persoal de seguridade do estadio Anxo Carro, ao impedírselle acceder ás instalacións deportivas por estar baixo os efectos do alcol.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron sobre as 20.30 horas do pasado domingo, nas inmediacións do estadio, onde se disputaba un partido entre o Club Deportivo Lugo e ao Club de Fútbol.

Un individuo tratou de acceder ao campo en aparente estado de embriaguez, e foi interceptado polo persoal de seguridade. O home comezou a mostrarse agresivo, proferindo insultos e ameazas contra estes traballadores e contra os axentes da Policía Nacional que interviñeron.

De feito, nesa intervención resultaron feridos leves tanto o propio individuo como un dos axentes, e precisaron atención médica.

O home foi denunciado por atentado e ameazas, e tamén se lle tramitaron procedementos administrativos de sanción por infraccións relacionadas coa normativa deportiva e por posesión de sustancias estupefacientes. Tras ser trasladado a dependencias policiais, quedou a disposición do xulgado.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP de Lugo acusa ao BNG de “desgoberno” nas contas municipais no anterior goberno local

O goberno municipal de Lugo elevou este martes o ton da confrontación política cos...

Detido un home por insultar e golpear a un axente da Policía Local de Lugo

Segundo informa a Policía Local nun comunicado, os axentes atopábanse de patrulla cando foron...

Lugo reactiva tras case cinco anos a Mesa Local de Comercio para impulsar novas medidas de apoio ao sector

O Concello de Lugo reactivou este martes a Mesa Local de Comercio despois de...

O único xulgado polo incendio mortal en Tableros Hispanos de Nadela nega a súa responsabilidade no sinistro

O xuízo polo incendio mortal rexistrado en 2019 na planta de Tableros Hispanos de...