InicioPolíticaO PP pide a unidade institucional no Congreso en apoio á candidatura...

O PP pide a unidade institucional no Congreso en apoio á candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial

Piden "unir os esforzos de tódolos grupos que formamos parte do Congreso en torno a unha candidatura que será a única que presente España ante o Comité de Patrimonio Mundial da UNESCO o vindeiro mes de xullo"

PUBLICADA O

- Advertisement -

O deputado lucense e portavoz de Industria e Turismo do Grupo Popular no Congreso, Francisco Conde, solicitou unha declaración institucional en apoio a “unha iniciativa para proxectar un dos patrimonios culturais e paisaxísticos máis relevantes do país” despois de que o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José Campos, comparecera na Cámara Baixa para presentar a candidatura da ‘Ribeira Sacra: Paisaxe da Auga’ a Patrimonio Mundial da UNESCO achegando os “seus elementos singulares” a tódolos grupos parlamentarios.

Francisco Conde avogou por “unir os esforzos de tódolos grupos que formamos parte do Congreso en torno a unha candidatura que será a única que presente España ante o Comité de Patrimonio Mundial da UNESCO o vindeiro mes de xullo”.

A candidatura esixiu tamén “un esforzo colectivo e o compromiso de todos”: administracións -especialmente da Xunta de Galicia e do Ministerio de Cultura polo impulso á candidatura-, institucións, axentes económicos e sociais, agricultores, gandeiros, viticultores, bodegueiros, artesáns e cidadáns en xeral. Así, o popular agradeceu todos estes esforzos para “a posta en valor do noso patrimonio e da nosa cultura que forma parte da nosa identidade”. Nese sentido, citou a vinculación da Ribeira Sacra coa viticultura heroica e o patrimonio románico.

Conde recoñece “o talento dun pobo que durante séculos soubo fusionar a paisaxe e a actividade económica e o seu esforzo para converter a viticultura nunha das principais fontes de riqueza da Ribeira Sacra e nun dos principais potenciais para consolidar o noso futuro”.

Tamén subliñou “o esforzo da Xunta de Galicia no coidado e protección do noso patrimonio” para “garantir a pervivencia dos seus valores e atributos” a través da declaración da Ribeira Sacra como Ben de Interese Cultural de forma que “sexa compatible a protección coa actividade económica e o respecto ao medio ambiente”.

O deputado monfortino asegurou que “somos conscientes da oportunidade que pode supoñer para a Ribeira Sacra a Declaración como Patrimonio da Humanidade dende o punto de vista económico e turístico, pero tamén para a proxección da imaxe de Galicia no contexto internacional”.

Conde trasladou na súa intervención que a Ribeira Sacra é un lugar que merece a pena desfrutar e fixo gala da súa terra convidando a todos os membros da Comisión de Industria e Turismo a visitala.

+ posts

ÚLTIMAS

Fernández reclama a renovación da rede de abastecemento en Paradai

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, visitou esta semana o barrio de...

Candia fai chegar á subdelegada do Goberno prioridades en seguridade, mobilidade e infraestruturas

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo hoxe unha reunión institucional coa subdelegada do...

Case corenta detidos por roubo de 140 Km de cable de cobre en varias provincias, entre elas Lugo

A Garda Civil detivo a 39 persoas nas provincias de Ávila, La Rioja e...

O Parlamento galego apoia por unanimidade a candidatura de Lugo para acoller a Axencia Estatal de Saúde Pública

O Parlamento galego pide á Xunta que impulse o apoio á candidatura de Lugo...