InicioSucesosXuízo a un ex empregado de banca para quen pide 18 anos...

Xuízo a un ex empregado de banca para quen pide 18 anos de cadea por estafa a unha muller de Xermade

Os feitos remóntanse ao 5 de febreiro de 2022, cando a muller, de 61 anos de idade, foi achada gravemente ferida na súa vivenda de Candamil, en Xermade, onde residía co seu irmán, ausente no momento da agresión.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Audiencia Provincial de Lugo sinalou para este venres, 10 de abril, o xuízo contra un ex empregado de banca que está acusado de tentativa de homicidio, roubo con violencia e estafa continuada a unha muller de Xermade. A Fiscalía solicita para el unha pena total de 18 anos de cárcere, ademais dunha indemnización que supera o medio millón de euros para a vítima.

Os feitos remóntanse ao 5 de febreiro de 2022, cando a muller, de 61 anos de idade, foi achada gravemente ferida na súa vivenda de Candamil, en Xermade, onde residía co seu irmán, ausente no momento da agresión.

Segundo o escrito fiscal, o home acudiu ao domicilio da vítima coa intención de subtraerlle o móbil para ter acceso á aplicación da banca electrónica. Para poder facerse co mesmo, propinoulle un golpe “brutal” na cabeza e co aparello no seu poder deuse á fuga. O home, que traballaba en Abanca, coñecía o estado das contas da muller por medio de varias consultas en días previos, polo que levou a cabo o ataque cando tivo constatación de que había saldo dispoñible.

A acusación, que asegura que o home chegou a Candamil unha hora antes do ataque para vixiar o lugar, engade que, cos accesos ás contas na súa poder, realizou transaccións desde a conta da muller ata a súa o mesmo día dos feitos e en días posteriores, por unha cantidade que roldaría os 20.000 euros.

A consecuencia das lesións, a vítima foi ingresada na UCI do Hospital Lucus Augusti. Desde entón, o seu estado derivou nunha gran dependencia: desprázase en cadeira de rodas e reside nun centro sociosanitario.

O acusado está en prisión provincial comunicada e sen fianza desde o mes de abril de 2022 e contaba no momento dos feitos cun expediente disciplinario na súa entidade bancaria por un feito anterior.

Catro anos despois dos feitos, o caso chegará a xuízo con acusacións que, segundo o Ministerio Fiscal, encaixan nos delitos de tentativa de homicidio, roubo con violencia e estafa continuada.

+ posts

ÚLTIMAS

Pena Nogueira recibe a V Edición de Ciencia na Aldea con investigadores de España e Portugal

O Pazo de San Marcos acolleu esta tarde a presentación da quinta edición de...

A Deputación de Lugo aposta polos monólogos e o humor reflexivo no seu programa de loita contra o machismo

O humor e a reflexión feminista serán eixo dunha programación que estrea a Deputación...

Renfe usará buses para os viaxeiros da liña Ourense-Monforte-Lugo do día 22 ao 26 de abril

Renfe habilitará un servizo alternativo de transporte por estrada na liña Ourense-Monforte-Lugo do 22...

O PP de Vilalba “abre as portas” a unha moción de censura contra a alcaldesa Marta Rouco

O Partido Popular de Vilalba advirte que, á vista do resultado da cuestión de...