InicioPolíticaPPdeG e BNG suman os seus votos para que non prospere a...

PPdeG e BNG suman os seus votos para que non prospere a moción de confianza en Vilalba

O BNG volveu votar en contra dos orzamentos, aínda que avanzou que non apoiará un cambio de goberno

PUBLICADA O

- Advertisement -

A alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco (PSOE), non superou este xoves a cuestión de confianza convocada polo equipo de Goberno ao non saír adiante os orzamentos na votación do pleno de marzo. Novamente, o voto negativo do único concelleiro do BNG, Constantino Alvite, que se sumou ao Partido Popular, impediu superar esta nova fase ao equipo de goberno de Marta Rouco, que está formado pola coalición de PSOE e Vilalba Aberta.

Ábrese agora un prazo dun mes, até o 9 de maio, para que a oposición presente unha moción de censura ao goberno bipartito e, de non ser así, quedarán aprobados os orzamentos de forma automática. A pesar deste voto negativo ás contas, o concelleiro do BNG xa anunciara que non apoiará ningunha moción de censura.

As contas que presentou o equipo de goberno ascenden a 14,2 millóns de euros, un documento que o Partido Popular considera que é un reflexo de “falta de xestión e planificación”; mentres que o BNG cre que non tivo en conta as súas propostas, e que os acordos que alcanzaron para apoiar un goberno de esquerdas “non se cumpriron”.

Durante o debate, os distintos grupos políticos repetiron os argumentos que se presentaron na sesión plenaria ordinaria e todos mantiveron o voto, a pesar de que PSOE e Vilalba Aberta instaron ao nacionalista a abster “como unha forma de manter o seu rexeitamento ás contas e non alargar un mes a súa aprobación”. Así, votaron en contra os 8 concelleiros do PP e o do BNG, fronte aos 8 que ten o goberno bipartito.

A recuperación do Museo da Prehistoria local e a peonalización da praza de Santa María foron os dous grandes escollos que mantiveron vivo o debate na xornada deste xoves por parte da oposición. Doutra banda, o equipo de goberno chamou á “responsabilidade” para que “se poida avanzar na xestión diaria”, lembrando que a non aprobación dos orzamentos pode supor a perda de subvencións e atrasos nos pagos a provedores e asociacións. Tamén acusaron aos ‘populares’ de distribuír un documento no que “se enganaba” aos veciños con partidas falsas e datos que “non son verdade”.

No pleno, si saíu adiante, sen debate, a adxudicación a Iberdrola do contrato de subministración de enerxía eléctrica para as dependencias e instalacións municipais, unha proposta na que votaron a favor o tres partidos de esquerdas, mentres que o PP se abstivo.

+ posts

ÚLTIMAS

Polémica en Lugo polos traxes dos Reis Magos: o BNG denuncia un gasto “innecesario” de 2.541 euros

A organización da próxima Cabalgata dos Reis Magos de Lugo, prevista para o 5...

A falta de cociñeiros obriga a cambiar menús en colexios de Lugo: denuncian que se serven pizzas e empanadas

Os comedores escolares constitúen un servizo fundamental para milleiros de familias, non só pola...

A Deputación de Lugo aproba o maior orzamento da súa historia: 155,2 millóns de euros para 2027 co voto en contra do PP

A Deputación de Lugo contará en 2027 co maior orzamento da súa historia, cun...

A Fiscalía de Lugo toma cartas no asunto tras as ameazas de bomba en decenas de centros educativos

A Fiscalía Provincial de Lugo abriu de oficio dilixencias de investigación para esclarecer a...