InicioLugo e contornaLugoO BNG de Lugo inicia o proceso para elixir a súa candidatura...

O BNG de Lugo inicia o proceso para elixir a súa candidatura ás municipais de 2027

A formación nacionalista convoca á militancia para definir o calendario e o nome que encabezará a lista na capital.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O BNG de Lugo arrinca este luns o seu procedemento interno para designar a persoa que liderará a candidatura nas eleccións municipais de maio de 2027. A través dunha asemblea local, a formación nacionalista pon en marcha o mecanismo para que os órganos internos e o conxunto da militancia decidan quen encabezará unha lista que, nos anteriores comicios, estivo liderada polo actual tenente de alcalde, Rubén Arroxo.

O responsable local do Bloque en Lugo, Antón Bao, defendeu a natureza deste proceso cualificándoo de “absolutamente democrático” e de “democracia pura”. Segundo explicou, o obxectivo inmediato é establecer un calendario de traballo que permita unha participación activa da base do partido na toma de decisións. Bao aproveitou a ocasión para contrastar este modelo co doutras forzas políticas, sinalando que a militantes de partidos como o PP “gustaríalles ter a posibilidade de participar democraticamente” deste xeito.

Dende a organización nacionalista amósanse optimistas e aseguran que o BNG “vai a por todas” coa intención de consolidar e ampliar o seu peso no goberno local. Bao reivindicou o papel da formación no liderado da “evolución positiva” que, ao seu xuízo, experimentou a cidade de Lugo nos últimos anos. Con este movemento, o Bloque convértese nunha das primeiras formacións en mover ficha de cara á cita coas urnas de 2027 na capital lucense.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP de Lugo esixe á Deputación a integración dos 16 traballadores de Suplusa tras a sentenza do Supremo

O PP provincial de Lugo esixe á Deputación que "rectifique" e integre aos 16...

Castro Carballedo non falta á súa cita coa carne ao caldeiro

A Feira da Carne ao Caldeiro e Produtos Locais chega este ano á súa XXIII edición...

A Deputación apoia unha nova edición da MOEXMU en Muimenta

  A Deputada de Muller e Igualdade, Marisol Morandeira, participou este luns na presentación da...