InicioLugo e contornaLugoLugo reclama "reforzo urxente" á Xunta para o control contra o xabaril

Lugo reclama “reforzo urxente” á Xunta para o control contra o xabaril

"O descoido sobre este problema ten consecuencias directas na nosa economía, na nosa imaxe e, por encima de todo, na nosa seguridade", afirmou a portavoz municipal, Ana González Abelleira, que lembrou que se trata dunha competencia autonómica.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Lugo reclama á Xunta “un reforzo urxente” das actuacións de control da poboación de xabarís e de vespa velutina, ante “o incremento dos incidentes no municipio e a falta de medidas efectivas por parte do Goberno autonómico”.

“O descoido sobre este problema ten consecuencias directas na nosa economía, na nosa imaxe e, por encima de todo, na nosa seguridade”, afirmou a portavoz municipal, Ana González Abelleira, que lembrou que se trata dunha competencia autonómica.

A edil lembrou que xa en novembro de 2025 o Concello solicitou formalmente a adopción de medidas para facer fronte a esta problemática “sen que, ata o momento, fíxose absolutamente nada, como demostra a presenza dun xabaril campando estes días libremente polo centro histórico”, dixo.

A portavoz incidiu, ademais, en que o momento actual do ano resulta clave para actuar noutra das “grandes ameazas ambientais do municipio”: a vespa velutina. “Estamos nunha época idónea para a detección e control dos novos niños, e non se pode perder esta oportunidade por falta de planificación”, replicou.

A representante municipal denunciou tamén a situación do sector forestal, que está a sufrir un incremento notable das pragas que afectan a especies como o fresno, o carballo ou o piñeiro, cun impacto directo sobre a economía e o medio natural do municipio.

+ posts

ÚLTIMAS

Concerto único de Abraham Cupeiro na Igrexa de Santa María de Vilabade

Trátase dun concerto concibido como un formato íntimo xunto a un cuarteto de corda...

Falece un conductor logo de saír da vía co seu cuadricilo en Castro de Rei

Un condutor faleceu este luns tras saírse da vía coa súa cuadriciclo lixeiro en...

A Deputación de Lugo investirá case un millón en estradas e en entidades de Terras do Miño e Os Ancares

O deputado de Promoción Económica e Social da Deputación de Lugo, Pablo Rivera Capón,...

Unha muller estafa máis de 5.000 euros a través dun pseudo portal de investimento

A Garda Civil detivo na localidade lucense de Taboada a unha muller que utilizou...