InicioPolíticaA Deputación de Lugo investirá case un millón en estradas e en...

A Deputación de Lugo investirá case un millón en estradas e en entidades de Terras do Miño e Os Ancares

PUBLICADA O

- Advertisement -

O deputado de Promoción Económica e Social da Deputación de Lugo, Pablo Rivera Capón, informou este venres da aprobación de novas actuacións que superan os 900.000 euros e que combinan melloras en infraestruturas viarias con apoio ao tecido asociativo en espazos protexidos.

En concreto, a xunta de goberno local deu luz verde á licitación de tres proxectos en estradas provinciais, cun investimento conxunto de 560.472 euros, que actuarán nos municipios de Ourol, Ribas de Sil e Friol. ivera Capón detallou que unha das intervencións centrarase nun tramo de máis de tres quilómetros na LU-P-3807, en Ourol, unha vía que conecta distintas parroquias e que resultou especialmente afectada os temporais do pasado inverno.

Así mesmo, indicou que en Ribas de Sil actuarase sobre preto de dous quilómetros da LU-P-5301, unha estrada que vertebra o municipio e comunica o núcleo de San Clodio con diferentes enclaves de montaña. No caso de Friol, o proxecto permitirá intervir en case 11 quilómetros da LU-P-2106, completando a mellora dunha vía que conecta distintos núcleos do municipio.

Segundo explicou, os traballos incluirán a reapertura de cunetas, a reparación do firme, a repavimentación e a reposición da sinalización, cun prazo de execución estimado de catro meses. “O noso compromiso non entende de partidos nin de cores políticas, senón que responde a unha prioridade clara: garantir a seguridade de veciños e veciñas e asegurar as conexións cos 67 municipios da provincia“, asegurou Pablo Rivera.

Na mesma reunión, tamén se aprobou a adhesión da Deputación ao convenio entre a Xunta de Galicia e a FEGAMP para o uso de ferramentas dixitais, co obxectivo de compartir plataformas e servizos tecnolóxicos entre administracións e facilitar a relación coa cidadanía.

AXUDAS PARA As RESERVAS DÁ BIOSFERA

Doutra banda, Rivera Capón anunciou a aprobación dunha nova convocatoria de axudas dotada con 340.000 euros dirixida a asociacións que desenvolven a súa actividade nas Reservas da Biosfera Terras do Miño e Os Ancares Lucenses. Segundo explicou, o programa estrutúrase en catro liñas, dúas destinadas a investimentos e outras dúas a actividades, seguindo o modelo de convocatorias anteriores.

Neste sentido, sinalou que se destinarán 150.000 euros a proxectos de posta en valor do patrimonio natural, cultural e paisaxístico, con actuacións como a recuperación de sendas, a conservación de elementos etnográficos ou a promoción do patrimonio. Pola súa banda, as actividades relacionadas co lecer saudable e a educación ambiental contarán cun orzamento de 190.000 euros, co obxectivo de fomentar a participación social e a sensibilización nestes espazos.

Así mesmo, o deputado indicou que as contías das axudas variarán en función de cada iniciativa, con importes adaptados ás características dos proxectos presentados. Finalmente, o prazo de presentación de solicitudes será de 15 días hábiles desde a publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia, prevista para despois de Semana Santa.

+ posts

ÚLTIMAS

Concerto único de Abraham Cupeiro na Igrexa de Santa María de Vilabade

Trátase dun concerto concibido como un formato íntimo xunto a un cuarteto de corda...

O PP lucense denuncia que o Goberno non teña en conta as alegacións da Xunta á planificación eléctrica

O PP de Lugo reclamou este venres ao Goberno central que "teña en conta"...

Detido por explotar e ter en condicións infrahumanas a un traballador estranxeiro

A Policía Nacional da Comisaría de Lugo detivo a un home como suposto autor...

A edil non adscrita, María Reigosa, permite aprobar os orzamentos de Lugo co seu voto

O goberno local de Lugo logrou sacar adiante de forma definitiva os orzamentos para...