InicioPolíticaO Plan Deputación prevé 300 actuacións e máis de 270 novos empregos...

O Plan Deputación prevé 300 actuacións e máis de 270 novos empregos nos 67 concellos

O programa dá resposta ás necesidades concretas de cada municipio, reforzando a súa autonomía e responsabilidade, e garante unha distribución dos fondos "transparente e baseada" en criterios obxectivos

PUBLICADA O

- Advertisement -

O goberno provincial de Lugo levará ao pleno ordinario do mes de marzo o debate de aprobación de relación de actuacións e proxectos que poderán realizar os 67 concellos de Lugo, no marco do Plan Deputación 2026.

Segundo indicou a Deputación nun comunicado, esta ferramenta, impulsará este ano con 25,5 millóns de euros de fondos públicos, un total de 300 actuacións, 274 novos postos de traballo e máis de 200.000 horas de axuda no fogar para 2.000 persoas.

Así, o programa dá resposta ás necesidades concretas de cada municipio, reforzando a súa autonomía e responsabilidade, e garante unha distribución dos fondos “transparente e baseada” en criterios obxectivos.

Desta forma, a repartición baséase na ponderación dos concellos en canto a poboación (40%); núcleos de poboación (25%), superficie (20%), ou o envellecemento da poboación (15%), cun límite por municipio dun mínimo de 150.000 euros e un máximo de 600.000 euros.

En decembro foron aprobadas as bases e a repartición municipal, o que permitiu ás entidades locais planificar as accións municipais con maior antelación e traballar con máis previsión e tempo.

Superan os 17 millóns de euros os investimentos, as obras e as suministraciones, que son “o gran eixo” deste plan provincial, así contarán con 12 millóns de euros os fondos destinadas ao arranxo de estradas, accesos a núcleos e pavimentación.

En canto ao fomento do emprego, os concellos destinarán 3,7 millóns de euros para iniciativas que permitan crear postos de traballo. En total, xeraranse 274 postos de traballo de emprego básico e proximidade, priorizando o mantemento municipal, os servizos públicos esenciais e a dinamización turística e social.

O terceiro bloque constitúeno os servizos sociais, polo que a Deputación achega aos municipios máis de dous millóns de euros, que se suman aos 1,3 millóns de euros dos concellos para garantir un servizo esencial e básico.

+ posts

ÚLTIMAS

Fernández reclama a renovación da rede de abastecemento en Paradai

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, visitou esta semana o barrio de...

Candia fai chegar á subdelegada do Goberno prioridades en seguridade, mobilidade e infraestruturas

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo hoxe unha reunión institucional coa subdelegada do...

Case corenta detidos por roubo de 140 Km de cable de cobre en varias provincias, entre elas Lugo

A Garda Civil detivo a 39 persoas nas provincias de Ávila, La Rioja e...

O Parlamento galego apoia por unanimidade a candidatura de Lugo para acoller a Axencia Estatal de Saúde Pública

O Parlamento galego pide á Xunta que impulse o apoio á candidatura de Lugo...