InicioSucesosDetido un membro dos Trinitarios por estafar 80.000 euros a unha muller...

Detido un membro dos Trinitarios por estafar 80.000 euros a unha muller de Lugo

A muller, cando se deu conta do engano, acudiu ás dependencias da Garda Civil e interpuxo a correspondente denuncia

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Garda Civil detivo en Madrid a un integrante dos Trinitarios por estafar, mediante ‘vishing’ e ‘smishing’, 80.733 euros a unha muller, de 60 anos de idade, residente na provincia de Lugo.

Segundo informou o Instituto Armado nun comunicado, a vítima recibiu unha mensaxe de texto no seu teléfono móbil que aparentaba proceder da súa entidade bancaria.

No mesmo alertábanlle duns movementos irregulares e o bloqueo preventivo da súa conta da súa conta bancaria. Ademais, a mensaxe incluía unha ligazón fraudulenta que redirixía a unha páxina web que simulaba a imaxe corporativa do banco, onde a prexudicada introduciu as súas credenciais.

A continuación, a muller recibiu unha chamada telefónica dunha persoa que se fixo pasar por empregado da entidade bancaria e a cal, coñecendo os seus datos persoais, conseguiu gañarse a súa confianza.

Durante a conversación, e baixo a aparencia de estar a cancelar operacións fraudulentas, a vítima foi guiada para autorizar, sen sabelo, transferencias realizadas polos estafadores.

A muller, cando se deu conta do engano, acudiu ás dependencias da Garda Civil e interpuxo a correspondente denuncia. Por mor diso, os axentes iniciaron unha investigación e conseguiron bloquear as transferencias efectuadas e a conta utilizada para a comisión da fraude.

Desta forma, a vítima recuperar a totalidade do diñeiro subtraído, que ascendía a 80.733 euros.

O operativo permitiu determinar que o presunto autor formaría porte dun grupo criminal coñecido como os Trinitarios, unha organización dedicada, entre outras actividades delituosas, ao narcotráfico, roubos con violencia e estafas. A localización deste tipo de delincuentes resulta especialmente complexa debido ás medidas que adoptan para dificultar a súa identificación e eludir a acción policial.

+ posts

ÚLTIMAS

Volve o servizo madrugador entre Lugo e Madrid de Renfe

Renfe modificará a partir do próximo 20 de maio o horario do tren Alvia...

Gandeiros do SLG protestan contra a baixada de prezos do leite diante de Lactalis

Gandeiros do Sindicato Labrego Galego (SLG) protestaron ante a fábrica de Lactalis, no municipio...

O PP di que “o grande éxito de Miguel Fernández son nove meses de xestións para cambiar un tren de hora”

O voceiro do Grupo Provincial Popular na Deputación de Lugo, Antonio Ameijide, amosouse moi...

Denuncian intento de agresión con arma branca a un funcionario da prisión de Monterroso

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF) denunciaron o intento de agresión con...