InicioTerra CháGuitirizO goberno local de Guitiriz defende que as súas accións se efectuaron...

O goberno local de Guitiriz defende que as súas accións se efectuaron “con absoluto respecto á legalidade”

O goberno de Guitiriz defendeu que, a día de hoxe, "non se ten constancia formal do contido concreto da denuncia á que se fai referencia"

PUBLICADA O

- Advertisement -

O goberno de Guitiriz defendeu este mércores que todas as súas actuacións “leváronse a cabo en todo momento con absoluto respecto á legalidade vixente, avaladas pola Secretaría e a Intervención municipal”.

Trasladouno nun comunicado despois de que o Partido Popular de Guitiriz anunciase este mércores a ampliación da denuncia presentada contra a alcaldesa socialista, Marisol Morandeira, por presunta falsidade documental, “tras a aparición de nova documentación”.

O portavoz municipal, José Manuel López Rodríguez, explicou que esta decisión se fundamenta en datos oficiais que apuntan a unha posible incompatibilidade entre a presenza da rexedora nun acto institucional fose de Galicia e a súa suposta asistencia, e mesmo presidencia, dunha xunta de goberno local celebrada ese mesmo día en Guitiriz.

Os feitos remóntanse ao 4 de febreiro de 2026, data na que, segundo a información solicitada, a alcaldesa atopábase en Caldes de Malavella (Girona) participando nun evento en comisión de servizo. Con todo, existe unha acta municipal desa mesma xornada na que figura como asistente e presidenta da sesión da xunta de goberno.

O goberno de Guitiriz defendeu que, a día de hoxe, “non se ten constancia formal do contido concreto da denuncia á que se fai referencia”, polo que apunta que non considera “oportuno” realizar “valoracións adicionais” sobre cuestións que “non foron trasladadas polas canles oficiais”.

+ posts

ÚLTIMAS

A Ponte de Cruzul, a única neoclásica de Lugo, declarada BIC

O Boletín Oficial do Estado (BOE) publica este xoves o real decreto polo que...

“Canda Elena”, a canle con entrevistas en Youtube da ‘popular’ Elena Candia

A portavoz do Grupo Municipal do Partido Popular en Lugo, Elena Candia, puxo en...

Mostra ‘O derradeiro trazo de xiz’ Miguel Muñiz no pazo de San Marcos

Esta tarde inagurouse no Pazo de San Marcos a mostra fotográfica e documental “O...

Tres feridos no Saviñao despois dunha saída de vía

Tres persoas resultaron feridas tras saírse da vía no vehículo no que viaxaban no...