A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO), iniciou actuacións de repoboación de material forestal en distintos tramos fluviais da provincia de Lugo.
A intervención ten como obxectivo o repoboar as zonas desprovistas de vexetación arbórea nos rasos existentes na canle de varios tramos fluviais. A repoboación realizarase con especies arbóreas formadoras de bosque de ribeira: Fraxinus excelsior (fresno), Betula celtiberica (bidueiro) Alnus lusitanica (aliso autóctono) e Acer pseudoplatanus (arce)
Os traballos proxectados supoñen a continuación de intervencións anteriores nas que se mellorou o estado xeral do bosque de ribeira, realizando podas selectivas e eliminando os pés mortos e/ou enfermos; mellorando ademais a capacidade hidráulica coa retirada de tapóns ou restos vexetais.
“Estas actuacións contribúen a mellorar e restaurar o bosque autóctono de ribeira para recuperar a morfoloxía natural do río, modificada, na maioría dos casos, por barreiras artificiais”, explicou concluíu o presidente da CHMS, José Antonio Quiroga.
O investimento estimado é de 26.000 euros, cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), cunha achega do 60% do orzado, no marco do Programa Operativo 2021-2027.
