InicioSucesosDetido tras agredir a un coductor e un axente por unha rifa...

Detido tras agredir a un coductor e un axente por unha rifa de tráfico

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo tivo que intervir nun accidente de tráfico que acabou derivando nunha agresión e unha posterior detención. A Sala do 092 recibiu o aviso de que un dos condutores implicados atacara ao outro con puñadas e patadas, chegando mesmo a levar a man ao peto coma se fose extraer algún obxecto. A chegada de varias testemuñas provocou que o presunto agresor abandonase o lugar antes da chegada policial.

Patrullas de Atestados e Policía de Barrio desprazáronse de inmediato ao lugar e comprobaron que un dos implicados presentaba un hematoma visible nun ollo e cortes superficiais no rostro. Os axentes solicitaron a identidade do fugado a través das testemuñas e, pouco despois, lograron localizar ao condutor que fuxira.

Durante o rexistro de seguridade realizado, o sospeitoso negouse activamente a colaborar e chegou a golpear no peito a un dos policías. Foi necesaria a intervención de varios efectivos para reducilo ante o elevado nivel de agresividade que mostraba. Finalmente, foi detido como presunto autor dun delito de resistencia grave e, posteriormente, os axentes incautáronlle unha navalla. Tras ser atendido nun centro sanitario, foi trasladado a dependencias policiais para a instrución de dilixencias.

CAN PERIGOSO

Horas máis tarde, o Grupo Operativo Nocturno detivo a outro home na zona de Camiño Verde tras recibir un aviso pola presenza dun can potencialmente perigoso solto na rúa. Ao chegar, os axentes localizaron ao animal e, nas inmediacións, a un mozo que presuntamente se atopaba baixo os efectos do alcol.

Nese momento, o individuo comezou a mostrar alterado e agresivo. Segundo fontes policiais, rompeu o espello retrovisor dun vehículo estacionado e golpeou repetidamente a un dos axentes. Tamén neste caso foi necesario reducilo para proceder á súa detención como presunto autor dun delito de atentado contra axentes da autoridade.

Posteriormente, foi trasladado a un centro sanitario e despois a comisaría para a tramitación de dilixencias, nas que constan danos noutros dous vehículos cos retrovisores fracturados. O can foi finalmente entregado á nai do detido.

 

+ posts

ÚLTIMAS

Convocou a Xunta unha praza específica para María Reigosa en Medio Ambiente?

PSOE e BNG de Lugo fixeron público un comunicado conxunto no que esixen á...

O PP de Lugo defende a moción de censura en Lugo: “é para dar estabilidade á cidade”

O presidente da xunta local do Partido Popular en Lugo, Ramón Carballo, levantou o...

Arroxo reclama saber que “tipo de beneficio” tería Reigosa se apoia a moción de censura

O tenente de alcalde do BNG en Lugo, Rubén Arroxo, reclamou este martes aclaracións...

O Eixo Atlántico analiza en Lugo a resiliencia urbana fronte ás crises internacionais e o encarecemento da enerxía

O Consello Estratéxico do Eixo Atlántico analizou este martes en Lugo a resiliencia dos...