InicioSucesosDeteñen unha parella en Lugo por agresión mutua

Deteñen unha parella en Lugo por agresión mutua

Os feitos producíronse na mañá do domingo tras recibir o aviso dunha muller que manifestou ser agredida pola súa parella.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Unha parella foi detida en Lugo tras unha agresión mutua, segundo informa a Policía Local no seu parte de incidencias. Os feitos producíronse na mañá do domingo tras recibir o aviso dunha muller que manifestou ser agredida pola súa parella.

Os axentes foron recibidos pola muller e polo home e ambos manifestaron que chegaran a casa minutos antes e que comezaron unha discusión durante a cal se agrediron. Os dous presentaban lesións e foron trasladados a un centro sanitario.

Mentres, un indicativo da Policía Local tivo que actuar de noite na rúa Camiño Real ao observar a dúas mulleres discutindo acaloradamente na vía pública. Unha manifestou residir preto e explicou que cando se dirixía á súa casa a outra muller cortoulle o paso pola beirarrúa e acusouna de roubarlle diñeiro e outros efectos, comprobando os axentes que só levaba o seu teléfono móbil e as chaves da súa casa.

Minutos máis tarde recíbese requirimento sobre unha muller cun patinete causando danos nos vehículos estacionados na Rolda do Carme, polo que os axentes inspeccionan o lugar, sen achar ningún vehículo danado, localizando á muller fronte a un local de lecer nocturno da Rolda da Muralla, facéndose cargo dela varios amigos.

Ademais, na tarde do sábado deuse o aviso de furto nun establecemento do centro da cidade, localizándose aos supostos autores, unha parella cun can e que portaban dous xoguetes e un bolso, que foron subtraídos de varios locais.

Noutra orde de cousas, na tarde do domingo localizaron a unha muller de avanzada idade desorientada na Rolda de Fingoi e que mantiña un discurso incoherente. Finalmente, comprobouse que vivía nunha residencia.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP de Lugo acusa ao BNG de “desgoberno” nas contas municipais no anterior goberno local

O goberno municipal de Lugo elevou este martes o ton da confrontación política cos...

Detido un home por insultar e golpear a un axente da Policía Local de Lugo

Segundo informa a Policía Local nun comunicado, os axentes atopábanse de patrulla cando foron...

Lugo reactiva tras case cinco anos a Mesa Local de Comercio para impulsar novas medidas de apoio ao sector

O Concello de Lugo reactivou este martes a Mesa Local de Comercio despois de...

O único xulgado polo incendio mortal en Tableros Hispanos de Nadela nega a súa responsabilidade no sinistro

O xuízo polo incendio mortal rexistrado en 2019 na planta de Tableros Hispanos de...