InicioPolíticaO PP de Lugo reclama garantir a seguridade na Milagrosa cunha actuación...

O PP de Lugo reclama garantir a seguridade na Milagrosa cunha actuación “firme”

Os populares aseguran que "a presión veciñal e política" foi clave para "forzar" a reacción municipal ante unha situación "que levaba meses documentada", segundo aseguraron

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Partido Popular de Lugo reiterou o seu compromiso co barrio da Milagrosa e volveu a esixir ao goberno local, integrado por PSOE e BNG, unha actuación “firme e eficaz” para garantir a seguridade e a convivencia na rúa Tui e a súa contorna.

En concreto, os populares aseguran que “a presión veciñal e política” foi clave para “forzar” a reacción municipal ante unha situación “que levaba meses documentada”, segundo aseguraron. Así, a portavoz do PP, Elena Candia, sinalou a súa intención de trasladar ás preto de 1.500 persoas do barrio que apoiaron a campaña por unha contorna segura que a súa implicación “non foi en balde”.

Segundo explicou, a recollida de firmas e as iniciativas levadas a cabo polo grupo municipal obrigaron ao executivo local a actuar, algo que, ao seu xuízo, “non sucedería de non mediar esa presión”.

Así, o PP volveu a criticar que o goberno municipal “non reaccionou coa dilixencia necesaria” a pesar de contar con actas e informes policiais que recollían distintas infraccións. Neste sentido, referíronse ao procedemento sancionador contra o establecemento As Palmeiras, e criticaron que non se iniciase ata despois das denuncias públicas da oposición.

Os populares lembraron que este local “acumula desde hai anos actuacións policiais, inspeccións técnicas e queixas veciñais por unha actividade reiteradamente incompatible coa licenza concedida”.

Ademais, advertiron de que, segundo as actas policiais coñecidas, as intervencións realizadas poderían dar lugar a expedientes sancionadores independentes. Ao seu xuízo, a decisión do goberno local de agrupar as actuacións en só dous expedientes ten “consecuencias xurídicas relevantes”.

Con todo, os populares insistiron en que “non se trata dunha controversia política, senón do cumprimento dunha obrigación legal: protexer a convivencia, a seguridade, a saúde e o dereito ao descanso dos veciños da rúa Tui”.

+ posts

ÚLTIMAS

Fernández reclama a renovación da rede de abastecemento en Paradai

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, visitou esta semana o barrio de...

Candia fai chegar á subdelegada do Goberno prioridades en seguridade, mobilidade e infraestruturas

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo hoxe unha reunión institucional coa subdelegada do...

Case corenta detidos por roubo de 140 Km de cable de cobre en varias provincias, entre elas Lugo

A Garda Civil detivo a 39 persoas nas provincias de Ávila, La Rioja e...

O Parlamento galego apoia por unanimidade a candidatura de Lugo para acoller a Axencia Estatal de Saúde Pública

O Parlamento galego pide á Xunta que impulse o apoio á candidatura de Lugo...