InicioSucesosAxentes da Garda Civil auxilian un neno de 2 anos con sintomas...

Axentes da Garda Civil auxilian un neno de 2 anos con sintomas de atragoamento

Tras os primeiros instantes, comprobaron que o menor se atopaba inconsciente e que non respiraba, polo que os gardas civís fixéronse cargo e comezaron a realizar manobras de primeiros auxilios.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Comandancia da Garda Civil de Lugo auxiliaron o pasado martes a un menor de dous anos que presentaba síntomas compatibles cun posible atragantamiento.

En concreto, tal e como trasladou o Instituto Armado, os feitos sucederon durante a tarde do martes de Entroido. Os axentes que prestaban servizo de seguridade no cuartel observaron como un menor era trasladado rapidamente en brazos polo seu proxenitor.

Tras os primeiros instantes, comprobaron que o menor se atopaba inconsciente e que non respiraba, polo que os gardas civís fixéronse cargo e comezaron a realizar manobras de primeiros auxilios.

Ao cabo duns minutos e despois de realizar diversas manobras de desobstrucción das vías respiratorias, conseguiron restablecer a respiración do menor, que logrou recuperar a consciencia.

Posteriormente, unha ambulancia traslado ao neno ao Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) para a valoración médica.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP de Lugo acusa ao BNG de “desgoberno” nas contas municipais no anterior goberno local

O goberno municipal de Lugo elevou este martes o ton da confrontación política cos...

Lugo reactiva tras case cinco anos a Mesa Local de Comercio para impulsar novas medidas de apoio ao sector

O Concello de Lugo reactivou este martes a Mesa Local de Comercio despois de...

O único xulgado polo incendio mortal en Tableros Hispanos de Nadela nega a súa responsabilidade no sinistro

O xuízo polo incendio mortal rexistrado en 2019 na planta de Tableros Hispanos de...

Elena Candia deséxalle sorte aos deportistas que reprensetarán a Lugo no Mundial de Baile Deportivo

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, recibiu hoxe na Casa do Concello aos integrantes...