InicioLugo e contornaLugoO PP de Lugo pregunta por que non se asina o convenio...

O PP de Lugo pregunta por que non se asina o convenio para a rúa Serra de Meira

Os 'populares' sinalan que Lugo non pode "perder oportunidades"

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Grupo Municipal do Partido Popular levará ao vindeiro pleno unha pregunta para saber cando se asinará o convenio coa Xunta de Galicia que permita executar a reurbanización da rúa Serra de Meira.

O pasado 14 de outubro de 2025 o rexedor, Miguel Fernández, mantivo unha reunión coa conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue. Sobre esa reunión, o PP sinala que “o Concello mostrou a súa conformidade co texto do acordo e co proxecto”. Os ‘populares’ sinalan que “meses despois” o convenio segue sen formalizarse.

O PP lucense pregunta cales son os motivos polos que o alcalde retrasa a firma dun acordo que “conta co financiamento garantido ao 100% pola Xunta, cun investimento superior a 1,1 millóns de euros, e que permitirá mellorar e ampliar esta vía fundamental para o barrio e para a cidade”.

Non se entende que unha actuación necesaria, con fondos comprometidos e coa previsión de licitarse no primeiro semestre de 2026, continúe paralizada por falta de sinatura.

Os populares reclaman transparencia e axilidade. “Lugo non pode permitirse perder oportunidades nin seguir acumulando retrasos en proxectos importantes”.

+ posts

ÚLTIMAS

Falece Olga López Racamonde, edil socialista de Cohesión Social de Lugo

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Olga López Racamonde, faleceu este luns aos...

Activado un aviso amarelo por treboadas en zonas de Lugo

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) activou o aviso amarelo por treboadas nas provincias...

O PP de Lugo esixe á Deputación a integración dos 16 traballadores de Suplusa tras a sentenza do Supremo

O PP provincial de Lugo esixe á Deputación que "rectifique" e integre aos 16...

O BNG de Lugo inicia o proceso para elixir a súa candidatura ás municipais de 2027

O BNG de Lugo arrinca este luns o seu procedemento interno para designar a...