Home Sucesos Absolto un home acusado de agresión sexual despois de que a muller retirase a denuncia

Absolto un home acusado de agresión sexual despois de que a muller retirase a denuncia

0
Absolto un home acusado de agresión sexual despois de que a muller retirase a denuncia
Edificio dos Xulgados de Lugo.

A sección 2 da Audiencia Provincial de Lugo absolveu a un home que fora acusado de agresión sexual despois de que a muller denunciante retirase os cargos contra el.

Na sentenza, os maxistrados explican que a suposta vítima denunciárao por un delito de agresión sexual con acceso carnal vía vaxinal. Con todo, a muller presentou finalmente un escrito de renuncia das accións.

Pola súa banda, Fiscalía solicitaba a libre absolución do home e mantivo esa petición.

Por iso, o home foi absolto dos delitos de agresión sexual que lle viñan sendo imputados na causa, declarándose de oficio as costas procesuais.

+ posts