InicioSucesosFalece unha persoa ao caer co seu coche ao río no centro...

Falece unha persoa ao caer co seu coche ao río no centro de Sarria

O vehículo precipitouse dende a rúa do Peregrino e os servizos de emerxencia só puideron rescatar o corpo sen vida da vítima.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Unha persoa perdeu a vida na tarde deste venres tras sufrir un grave accidente no municipio lucense de Sarria. O vehículo que conducía precipitouse ao río dende a rúa do Peregrino, unha céntrica vía da localidade, provocando o falecemento do seu ocupante de xeito case instantáneo. Segundo informou o 112 Galicia, o suceso tivo lugar contra as 16.00 horas, momento no que varios particulares que presenciaron a caída deron a voz de alarma ao ver o coche mergullado na auga.

Tras recibir o aviso, o centro de atención ás emerxencias mobilizou de urxencia aos Bombeiros de Sarria, que se encargaron de realizar as complexas tarefas de rescate para recuperar o corpo da persoa do interior do habitáculo. No operativo tamén participaron axentes da Garda Civil, da Policía Local e os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que nada puideron facer por salvarlle a vida á vítima. Polo momento descoñécense as causas polas que o condutor perdeu o control do coche nese punto concreto do casco urbano.

ÚLTIMAS

O Goberno adxudica o proxecto para construír 13 vivendas de aluguer alcanzable en Pedrafita do Cebreiro

Casa 47, a Entidade Estatal de Vivenda adscrita ao Ministerio de Vivenda e Axenda...

A exsocialista Reigosa volve apoiar unha enmenda do PPdeG, aínda que apoiou os orzamentos para 2026

O pleno municipal extraordinario celebrado este venres en Lugo deu o visto e prace...

O Concello de Lugo pide evitar as zonas inundables ante a crecida do Miño

O Concello de Lugo realizou este venres un chamamento á cidadanía para que evite...

O Supremo dá a razón ao PP de Lugo e obriga a que o Pleno avale a entrada da Deputación en Tragsa

O Tribunal Supremo estimou o recurso de casación do Grupo Provincial do PP de...