InicioLugo e contornaLugoO Concello de Lugo pide evitar as zonas inundables ante a crecida...

O Concello de Lugo pide evitar as zonas inundables ante a crecida do Miño

O Goberno local recomenda non achegarse ao río nin transitar polo Paseo do Miño entre o Balneario e O Muíño tras superar o nivel de prealerta

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Lugo realizou este venres un chamamento á cidadanía para que evite achegarse ás zonas inundables próximas aos ríos e non asuma “riscos innecesarios”, ante a evolución dos niveis do río Miño ao seu paso pola cidade.

Segundo informaron fontes municipais, o centro de control da Confederación Hidrográfica Miño-Sil comunicou que a estación do Sistema Automático de Información Hidrolóxica (SAIH) N001, situada no Miño en Lugo, está a rexistrar valores que superan o limiar de prealerta, correspondente ao nivel laranxa. A evolución destes datos, indicaron, fai previsible a aparición de situacións significativas de crecida.

TRAMO DESACONSELLADO AO TRÁFICO PEONIL

Á vista desta información, a área municipal de Transición Ecolóxica trasladou a recomendación de non circular a pé polo tramo do Paseo do Miño comprendido entre o Balneario de Lugo e o restaurante O Muíño, unha zona especialmente exposta en episodios de aumento do caudal.

Desde o Concello lembran que estas medidas teñen carácter preventivo e buscan reducir posibles riscos para a seguridade das persoas, ao tempo que apelan á responsabilidade cidadá e ao seguimento das indicacións oficiais mentres se manteña a situación de prealerta.

ÚLTIMAS

O Goberno adxudica o proxecto para construír 13 vivendas de aluguer alcanzable en Pedrafita do Cebreiro

Casa 47, a Entidade Estatal de Vivenda adscrita ao Ministerio de Vivenda e Axenda...

A exsocialista Reigosa volve apoiar unha enmenda do PPdeG, aínda que apoiou os orzamentos para 2026

O pleno municipal extraordinario celebrado este venres en Lugo deu o visto e prace...

O proxecto eólico Cordal de Ousá ameaza a única poboación reprodutora de mazarico real na Península

A asociación ecoloxista ADEGA alerta dos graves impactos ambientais, patrimoniais e sobre a biodiversidade...

A Xunta anuncia 1.200 vivendas públicas en 22 bloques no residencial do Sagrado Corazón de Lugo

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, visitou este luns...