InicioCulturaA deputada Iria Castro e a concelleira Cristina López animan a estudantes...

A deputada Iria Castro e a concelleira Cristina López animan a estudantes da USC a participar nos Mestre Mateo

PUBLICADA O

- Advertisement -

A deputada de Cultura Iria Castro e a concelleira de Participación e Servizos á Veciñanza do Concello de Lugo Cristina López achegáronse esta mañá á Facultade de Humanidades, onde convidaron ao estudantado do Grao de Servizos Culturais e do Mestrado de Servizos Culturais a participar das actividades que se celebrarán na cidade arredor dos Premios Mestre Mateo.

Iria Castro e Cristina López participaron nunha clase con estudantes de materias relacionadas coas industrias culturais e os medios audio visuais, con quen compartiron as implicacións da colaboración coa  Academia Galega do Audiovisual para a organización da gala que se celebrará o vindeiro 21 de marzo no Auditorio Fuxan os Ventos.

Destacaron ademais a vontade das dúas institucións – Deputación e Concello- de crear unha programación extendida ao longo de dous meses para promover a implicación da cidadanía nos Premios e socializar a importancia do sector audiovisual.

ÚLTIMAS

A Xunta anuncia 1.200 vivendas públicas en 22 bloques no residencial do Sagrado Corazón de Lugo

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, visitou este luns...

A crítica edil María Reigosa apoiará os orzamentos de Lugo “por responsabilidade”

A concelleira de Lugo María Reigosa, que pediu recentemente a baixa do PSOE, resolveu...

Cortada a LU-P-4103 en Pantón por un derrube de terra, alerta a Deputación

A Deputación informa do corte ao tráfico da estrada provincial LU-P-4103, ao seu paso...

A subdelegada do Goberno participa nunha sesión formativa de “A Administración Cerca de Ti”

A subdelegada do Goberno en Lugo, Olimpia López, participou nunha sesión formativa do programa...