InicioEconomíaO PP de Lugo racha a cohesión do Goberno e saca adiante...

O PP de Lugo racha a cohesión do Goberno e saca adiante tres emendas clave para os Orzamentos

Os populares logran apoios individuais de concelleiras do PSOE e BNG para bonificar o IBI en áreas de expansión e financiar o saneamento de Fermín Rivera.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Grupo Municipal Popular logrou este martes os apoios suficientes na comisión extraordinaria de contas do Concello de Lugo para sacar adiante tres emendas de calado aos orzamentos municipais de 2026. Estes cambios, que se debaterán no pleno do vindeiro venres, foron posibles grazas ao voto a prol dunha concelleira do BNG e outra do PSOE, o que para o PP evidencia a “falta de dirección e cohesión” do executivo local.

A sesión saldouse coa aprobación unánime de habilitar anticipos de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para aliviar a súa situación financeira. Así mesmo, grazas ao respaldo da nacionalista Cristina López Fernández, prosperou a emenda para bonificar o IBI e eliminar a plusvalía a propietarios de terreos afectados por cambios urbanísticos que tributan como solo urbano sen ter dereito a construír. Por outra banda, co apoio da socialista María Reigosa, saíu adiante a inclusión do saneamento de Fermín Rivera, unha actuación que o PP considera prioritaria.

OUTRAS DEZ PROPOSTAS QUE NON CUMPRIRON TECNICAMENTE

Pola súa banda, o Goberno local, a través da súa portavoz Ana González Abelleira, informou de que a comisión rexeitou dez das emendas do PP ao non cumprir cos requisitos técnicos básicos. Segundo advertiu a Intervención Municipal, estas propostas presentaban deficiencias estruturais que impedían garantir o equilibrio orzamentario dos máis de 131 millóns de euros do proxecto.

Así mesmo, rexeitáronse dúas emendas máis por tratar cuestións que xa están recollidas no deseño técnico do orzamento, como a dotación da Relación de Postos de Traballo e os investimentos en materia de vivenda a través de EVISLUSA. González Abelleira reiterou a disposición do Goberno a sumar apoios no pleno do venres para un orzamento que definiu como un reforzo da identidade da cidade “que non deixa a ninguén atrás”.

ÚLTIMAS

A Deputación corta seis estradas provinciais mentres seguen as complicacións na montaña de Lugo

  A Deputación mantén cortadas este martes seis estradas provinciais e conta con preto de...

Peche educativo no IES Nosa Señora dos Ollos Grandes

O Sindicato de Traballadoras e Traballadores do Ensino en Galiza (STEG) informa do peche...

Lectura da lista de finalistas do XXIV Premios Mestre Mateo no Vello Cárcere de Lugo

O Vello Cárcere de Lugo acolleu esta mañá a lectura da lista de finalistas...

A Vicepresidencia da Deputación apoia o proxecto Life Wild Pollinators para recuperar pastos

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo  apoia o desenvolvemento do proxecto Life Wild Pollinators,...