InicioDeportesLugo redistribúe en Frigsa a un cento de nadadores do Fluvial tras...

Lugo redistribúe en Frigsa a un cento de nadadores do Fluvial tras as inundacións pola crecida do Miño

O Concello habilita o uso exclusivo dun vaso para os clubs locais para garantir os adestramentos de cara aos campionatos galegos sen afectar o baño libre.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Lugo redistribuíu a máis de cen nadadores do club Fluvial á piscina de Frigsa ante a inundación da súa piscina cuberta, causada pola crecida do río Miño por mor das últimas precipitacións. Segundo o comunicado, un dos vasos da infraestrutura habilitada será de uso exclusivo para os distintos clubs acuático-deportivos lucenses: o Porta Miñá de natación, o Waterpolo Lugo e o propio Fluvial.

O concelleiro de Deportes, Jorge Bustos, ademais de informar que os nadadores redistribuídos van desde a categoría promesas á absoluta, destacou que a actuación “non afectará as persoas que empregan a piscina de Frigsa para o baño libre“. “Logramos esta redistribución para garantir os adestramentos nunhas condicións que poden non ser as ideais, pero cumprindo unhas condicións aceptables e reforzando os servizos de limpeza en Frigsa”, agregou.

Con todo, o comunicado do órgano municipal enxalzou o labor realizado co obxectivo de que os nadadores do Fluvial poidan adestrar de cara ao Campionato Galego Infantil deste fin de semana e ao vindeiro Campionato Autonómico Júnior e Absoluto.

+ posts

ÚLTIMAS

O profesor acusado de presunto abuso sexual no colexio Albeiros di que todo é unha “confabulación”

A Audiencia Provincial de Lugo acolleu este martes a primeira xornada do xuízo que...

O PP de Lugo solicita unha prórroga para presentar alegacións ao Plan de Mobilidade

O Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo solicitou ao goberno local,...

A Semana Santa de Lugo sairá á rúa con 12 procesións e o apoio da Deputación

O deputado de Promoción Económica e Social da Deputación de Lugo, Pablo Rivera Capón,...

Declaración de Praia, reforzo entre mandatarias locais de Galicia, Cabo Verde e Mozambique

O II Encontro Internacional de Mulleres Electas ‘As Elixidas’, celebrado na cidade de Praia,...