Rematado o prazo de presentación de candidaturas, a Organización do Premio Aresa de Desenvolvemento Rural, composta polo Grupo Aresa e a Universidade de Santiago de Compostela (USC), vén de contabilizar e facer públicas todas as candidaturas rexistradas para concorrer á vixésimo sexta edición do galardón.
CANDIDATURAS
1-Cátedra do Pan e do Cereal.
2-Embutidos Suarna.
3-Da Escola á Granxa. Proxecto da Área de Rural de Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
4-Gandería Quintián.
5-Belacolmea-Innovar dende a colmea.
5-Hifas da Terra.
6-Soc. Coop. O Rodo.
7-Ecogranxa de Riomouro.
8-Vacantes.gal
9-Bico de Xeado.
10-AZ-Agro.
O XURADO
Estará formado polo reitor da USC, Antonio López Díaz; o vicerreitor de Organización Académica e do Campus de Lugo, Francisco José Fraga López; a presidenta de Aresa, Carlota López Pardo; a CEO de Granja Campomayor, María García Busto; e o catedrático de Química Analítica, Carlos Herrero Latorre.
O proxecto gañador, que partirá da decisión do devandito xurado, farase pública o vindeiro venres 6 de febreiro nun acto que terá lugar ás 12:30 h na sala de prensa do Pazo de Montenegro da cidade de Lugo.
O galardón está dotado con 10.000 euros e un diploma de mérito.
