InicioSociedadeArquivada a causa contra o loteiro de Lugo investigado por simular un...

Arquivada a causa contra o loteiro de Lugo investigado por simular un atraco de 400.000 euros

O Xulgado de Instrución número 2 toma a decisión tras a petición de sobresemento da Fiscalía, que considera que non hai indicios suficientes para manter a acusación por estafa e simulación de delito.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Xulgado de Instrución Número 2 de Lugo decretou o sobresemento e arquivo provisional da causa contra o loteiro de Lugo investigado por, presuntamente, simular un atraco de 400.000 euros na súa propia administración. O auto, ditado o pasado 23 de decembro, conclúe que a decisión se toma despois de que o Ministerio Fiscal solicitase o arquivo ao considerar que “non existen indicios suficientes” para acreditar un concerto entre o loteiro e outras dúas persoas para cometer delitos de simulación de delito, estafa e roubo con violencia e intimidación. Dado que nin a Fiscalía nin a parte acusadora presentaron acusación, o xulgado procedeu ao arquivo das actuacións, aínda que a resolución non é firme e cabe recurso.

Os feitos remóntanse ao 4 de xaneiro de 2024, cando o loteiro denunciou un asalto ao abrir o seu negocio sobre as 08:30 horas. Segundo o seu relato inicial, dúas persoas co rostro cuberto encañonárono e obrigárono a entregar o contido das caixas fortes. Non foi ata xuño dese mesmo ano cando se detivo a un home e unha muller como supostos autores materiais e, pouco despois, ao propio loteiro ante as sospeitas dunha montaxe. Porén, tras meses de investigación, a xustiza determina agora a falta de probas para soster o caso, o que supón un xiro no proceso que xa fora arquivado temporalmente por primeira vez en abril de 2024.

+ posts

ÚLTIMAS

Pena Nogueira recibe a V Edición de Ciencia na Aldea con investigadores de España e Portugal

O Pazo de San Marcos acolleu esta tarde a presentación da quinta edición de...

A Deputación de Lugo aposta polos monólogos e o humor reflexivo no seu programa de loita contra o machismo

O humor e a reflexión feminista serán eixo dunha programación que estrea a Deputación...

Renfe usará buses para os viaxeiros da liña Ourense-Monforte-Lugo do día 22 ao 26 de abril

Renfe habilitará un servizo alternativo de transporte por estrada na liña Ourense-Monforte-Lugo do 22...

O PP de Vilalba “abre as portas” a unha moción de censura contra a alcaldesa Marta Rouco

O Partido Popular de Vilalba advirte que, á vista do resultado da cuestión de...