Home Lugo e contorna Lugo A Xunta licita a última fase a autovía Nadela-Sarria: as obras estarán en marcha no segundo semestre de 2026

A Xunta licita a última fase a autovía Nadela-Sarria: as obras estarán en marcha no segundo semestre de 2026

0
A Xunta licita a última fase a autovía Nadela-Sarria: as obras estarán en marcha no segundo semestre de 2026
Rueda, no acto que tivo lugar no Corgo.. Xunta de Galicia

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, avanzou este venres a licitación das obras correspondentes ao desdobramento do tramo Nadela-A Pobra de San Xiao, o último pendente da autovía AG-22 entre Lugo e Sarria, unha actuación moi demandada polo goberno da Deputación e dos diferentes municipios que atravesa.

Trasladouno no termo municipal do Corgo, nun dos puntos onde se executará unha ligazón coa nova infraestrutura, que o presidente cualificou como “clave para mellorar a conectividade, a seguridade viaria e a cohesión territorial do sur da provincia“.O presidente realizou estas declaracións acompañado pola conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, o mesmo día no que se abría o prazo de licitación.

Rueda subliñou que esta actuación permitirá consolidar un eixo estratéxico que “vertebrará todo o sur de Lugo”, destacando que contar con infraestruturas modernas e ben planificadas supón “unha mellora directa nos tempos de desprazamento, a comodidade da condución e a seguridade dos usuarios”.

REDUCIR Os TEMPOS DE VIAXE

A transformación do actual corredor nunha vía de alta capacidade permitirá reducir de forma notable os tempos de viaxe e facilitar adiantamentos seguros, ao dispor de dúas calzadas con dous carrís por sentido. Esta configuración ofrecerá unha condución máis fluída e previsible, mellorando a comunicación entre Lugo e a comarca de Sarria e reforzando a conexión con grandes eixos estatais como a A-6 e a A-54, que conflúen no nó de Nadela.

A nova infraestrutura contará cunha velocidade máxima de 120 quilómetros por hora, unha medida que beneficiará de forma directa a miles de usuarios, “entre eles os máis de 8.000 vehículos que circulan diariamente por este tramo, así como a transportistas e profesionais que utilizan esta vía de maneira habitual. En conxunto, estímase que ao redor de 100.000 persoas veranse favorecidas pola mellora deste itinerario”, subliñou o presidente.

+ posts