InicioCultura As mil caras de Martín Barreiro promocionan a provincia en FITUR

[VÍDEO] As mil caras de Martín Barreiro promocionan a provincia en FITUR

A Deputación de Lugo presenta un novo vídeo promocional en FITUR, a gran feira de turismo iberoamericana, que volve protagonizar o meteorólogo Martín Barreiro

PUBLICADA O

- Advertisement -

Este xoves 24 de xaneiro marca a estrea da Deputación de Lugo en FITUR, a Feira Internacional do Turismo que cada ano organiza o Ifema de Madrid. Alí foi presentado o novo vídeo promocional da provincia, que outro ano máis protagoniza o senlleiro home do tempo Martín Barreiro.

O lucense ofrece mil caras na mensaxe promocional da Deputación, que incide nun turismo de calidade, sostible e con atención no patrimonio material e inmaterial lucense. FITUR é a feira de turismo máis importante a nivel iberoamericano.

O deputado de turismo, Eduardo Vidal Baamonde, explicou que “queremos mostrar todas as caras deste poliedro que é a nosa provincia, pois segue sendo unha gran descoñecida”. Así, fomentarase unha oferta con “xoias en cada un dos nosos concellos”.

Martín Barreiro: “É doado promocionar Lugo, temos moito que a xente descoñece”

 

+ posts

ÚLTIMAS

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...

Hospitalizados no HULA cinco nenos por chupar e tocar pílulas que podería ser éxtase

Cinco menores de sete anos tiveron que ser trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti...

O PP reclama un plan de choque para “frear a sangría” de autónomos na provincia de Lugo

Os senadores do PP de Lugo defenderán este mércores no Senado unha iniciativa para...