InicioSucesosInvestigan un condutor que invadiu o carril contrario varias veces baixo efectos...

Investigan un condutor que invadiu o carril contrario varias veces baixo efectos do alcol

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Garda Civil informou da condición de investigado do condutor dun turismo que circulou polas vías LU-115 e LU-113, baixo os efectos do alcol e invadindo en numerosas ocasións o carril reservado ao sentido contrario, “contradicindo as máis elementais normas de seguridade e con evidente risco para o resto de usuarios da rede viaria”.

Segundo relata nun comunicado, os feitos delituosos tiveron lugar o pasado 30 de outubro e, tras ter constancia, o G.I.A.T. da Garda Civil de Lugo realizo xestións para localizar ás testemuñas presenciais e analizar as gravacións efectuadas coa finalidade de identificar a outras testemuñas potenciais e ao presunto autor dos feitos delituosos.

Ditas xestións culminaron coa investigación do condutor do turismo como suposto autor dun delito contra a seguridade viaria por condución temeraria e condución baixo a influencia de bebidas alcohólicas. As dilixencias policiais foron entregadas no Xulgado de Instrución de Garda de Lugo.

+ posts

ÚLTIMAS

Pechado o programa de actividades para o 8M da área de Muller do Concello de Lugo

A área de Muller, Igualdade e Inclusión do Concello de Lugo pechou o programa...

O PPdeG reclama a PSdeG e BNG “asumir responsabilidades” por permitir que Tomé siga de alcalde e deputado

O portavoz parlamentario do PPdeG, Alberto Pazos Couñago, esixiu ao PSdeG e ao BNG...

O PPdeG non asistirá ao acto do 8M na Deputación de Lugo por mor do “branqueamento” de José Tomé

Os deputados do Grupo Provincial Popular de Lugo anunciaron este martes que non asistiran...