Home Lugo e contorna Lugo Detido tras roubarlle o bolso con 200 euros a unha anciá, que tivo que ser atendida no hospital

Detido tras roubarlle o bolso con 200 euros a unha anciá, que tivo que ser atendida no hospital

0
Detido tras roubarlle o bolso con 200 euros a unha anciá, que tivo que ser atendida no hospital
Vehículo da Policía Nacional.. POLICÍA NACIONAL

A Policía Nacional informou da detención en Lugo dun home como autor dun roubo con violencia cometido sobre unha muller octoxenaria, que tivo que ser trasladada ao hospital para recibir asistencia médica.

Os feitos ocorreron o día 28 de outubro, ás 15.30 horas, no portal dun edificio situado en Rúa Lousas. O ladrón, despois de seguir a unha muller maior desde a Avenida da Coruña, entrou tras ela no portal. Ante a resistencia desta ao roubo, forcexeou con ela ata tirala ao chan, quitándolle o bolso, tras o cal fuxiu do lugar á carreira.

A vítima tivo que ser trasladada ao Hospital para recibir asistencia médica e, segundo informou a Policía Nacional, no bolso roubado levaba 200 euros en efectivo. Identificado o autor do roubo, foi detido dous días despois e posto a disposición xudicial.

+ posts