InicioPolíticaA feira de gando do San Froilán no punto de mira: rexeitada...

A feira de gando do San Froilán no punto de mira: rexeitada a moción do PP para investigala

Neste pleno de outubro tomou posesión a edil María Reigosa Castro, que substitúe ao falecido Pablo Permuy.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Goberno local de Lugo, co voto de calidade do alcalde debido á ausencia dunha concelleira, rexeitou no pleno municipal a creación dunha comisión de investigación sobre a morte dunha muller que sufriu un accidente durante o desfile de gando celebrado no marco das festas do San Froilán. O executivo, formado por PSOE e BNG, defendeu que debe permitir que avance a investigación xudicial xa aberta no xulgado.

Desde o Goberno lembrouse que o desfile foi unha actividade organizada pola Fundación Pazos e Feiras como complemento ao programa festivo e que cumpría con toda a normativa vixente. A concelleira de Cultura, Maite Ferreiro, trasladou novamente a súa pésame e o agarimo do Concello á familia da falecida, e subliñou que as festas contaban cun plan de autoprotección elaborado por técnicos, “non polos responsables políticos”.

Pola súa banda, a portavoz popular, Elena Candia, lamentou “a falta de empatía” do Goberno local e lembrou que, segundo o propio plan de autoprotección, o desfile celebrábase no centro da cidade e nunha hora de máxima afluencia, o que incrementaba o risco. Insistiu en que o PP non busca responsabilidades civís nin penais, senón políticas, reclamando “máis transparencia e sensibilidade”.

Candia criticou ademais que PSOE e BNG “desprezan non só ao grupo popular, senón tamén aos veciños de Lugo”, ao votar en contra de varias propostas presentadas pola súa formación. Entre elas, a dotación de saneamento na rúa A Milagrosa, a mellora das beirarrúas e a seguridade viaria en Paulo Fabio, a posta en marcha dun plan de reequilibrio en Recatelo e o mantemento do servizo de dinamización das escolas rurais, que deixará de prestar mañá.

NOVA CONCELLEIRA SOCIALISTA

Na mesma sesión, tomou posesión como nova concelleira socialista María Reigosa Castro, que substitúe ao falecido Pablo Permuy. Desta forma, o Goberno municipal volve estar ao completo de novo, nunha lexislatura que estivo condicionada polas continuadas baixas médicas e dous falecementos. Está previsto que Reigosa se faga cargo da carteira de zona rural. A sesión contou tamén coa ausencia da concelleira nacionalista Cristina López Fernández.

Durante a sesión plenaria tamén se aprobou un suplemento de crédito de 1,4 millóns de euros destinado a novas actuacións e ao financiamento doutras xa realizadas, como as festas do San Froilán. O PP votou en contra tras unha intervención moi crítica na que denunciou a “falta de planificación” e o “gasto excesivo en accións cuestionables”, como o investimento de 1,Rexeitada a moción do PP de investigar a feira de gando do San Froilán tras a morte dunha moza3 millóns de euros para preparar o centro histórico como zona de baixas emisións.

O grupo popular si apoiou, en cambio, unha modificación orzamentaria para elevar de 10 a 20 euros a dieta diaria dos bombeiros, medida que permitiu ao Goberno frear as mobilizacións previstas durante as festas. A pesar diso, os populares lembraron outras reivindicacións pendentes do corpo, que o Executivo asegurou estar a atender progresivamente.

+ posts

ÚLTIMAS

Daniel Irimia deixa o PSOE en Cospeito e pasa ao grupo de non adscritos tras reabrirse a súa causa por presunta violencia de xénero

Daniel Irimia, quen foi voceiro do PSOE en Cospeito, deixou as filas socialistas e...

Vicepresidencia da Deputación

A Vicepresidencia da Deputación pon en marcha a segunda edición da Semana do Patrimonio...

A Deputación pide un pacto contra o transfuguismo blindado por lei

O Pleno da Deputación de Lugo celebrado este martes sacou adiante unha iniciativa para...

Candia trata medidas con AdisLugo para compatibilizar actividades económicas coas ZBE

  A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo unha reunión con representantes de AdisLugo, a...