InicioSociedadeCortes ata o 4 de decembro na calzada esquerda da A-6 sentido...

Cortes ata o 4 de decembro na calzada esquerda da A-6 sentido Madrid por melloras

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable continúa coa execución das obras de rehabilitación estrutural do pavimento da calzada esquerda da autovía A-6, entre os quilómetros 480 e 540,44 — do Corgo a Guitiriz –, na provincia de Lugo.

Por iso, e para garantir a seguridade dos traballadores e usuarios, desde a mañá deste luns, día 27, e ata o 4 de decembro, producirase o corte total do tráfico na calzada esquerda sentido Madrid, no termo municipal de Lugo.

Segundo traslada o Goberno central, o obxectivo desta iniciativa é “corrixir as deterioracións que presenta o firme, mellorando así a seguridade viaria e a comodidade na circulación”. O orzamento destas obras, concreta, é de “26,42 millóns de euros, IVE incluído”.

En concreto, os cortes de circulación produciranse desde hoxe ata as 24 horas do martes 4 de novembro, entre os quilómetros 491,3 e 494,4. Nesta fase verase afectado a ligazón da A-6 coa LU-530 situado no quilómetro 494 e veranse restrinxidos os movementos de saída de vehículos cara a Lugo e A Fonsagrada e de incorporación de vehículos en dirección Madrid.

Ademais, a partir das 09,00 horas do luns 3 de novembro ata as 24h do xoves 4 de decembro, interromperase o tráfico entre os quilómetros 487,1 e 491,3. Estas obras terán incidencia na ligazón da A-6 en Nadela situado no quilómetro 488 no que se verán restrinxidos os movementos de saída de vehículos cara á A-54 e a N-6 e a incorporación de vehículos desde estas a a A-6 en dirección Madrid.

+ posts

ÚLTIMAS

Falece Olga López Racamonde, edil socialista de Cohesión Social de Lugo

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Olga López Racamonde, faleceu este luns aos...

Arquivada a causa que investigou a alcaldesa de Guitiriz por cobro de dietas

A sección civil e de instrución do Tribunal de Instancia de Vilalba, praza 2,...

Activado un aviso amarelo por treboadas en zonas de Lugo

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) activou o aviso amarelo por treboadas nas provincias...

A Deputación continúa coa rehabilitación da estrada danada en Cervantes durante o inverno

A Deputación de Lugo traballa estes días para rehabilitar a estrada danada en Cervantes...