InicioLugo e contornaLugoInvestigan a morte da muller arremetida por unha vaca no San Froilán

Investigan a morte da muller arremetida por unha vaca no San Froilán

O goberno local insistiu en que durante o evento contouse coa presenza de efectivos da Policía Local, Policía Nacional e seguridade privada contratada polo Pazo de Feiras e Congresos, entidade organizadora do acto

PUBLICADA O

- Advertisement -

O falecemento dunha muller tras ser arroiada por unha vaca durante o desfile de gando de San Froilán, en Lugo, chegou aos xulgados. No número 3, que estaba de garda o día do suceso, abriuse unha investigación sobre o suceso, que tivo lugar o 5 de outubro e que causou a morte dunha moza de 33 anos tras quince días ingresada no HULA.

Segundo confirman fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), o xulgado ten aberta unha investigación, como se fai sempre neste tipo de casos. Pola súa banda, a Policía Local xa entregou o seu atestado e agora a Policía Nacional indaga sobre o sucedido para ver se houbo algún tipo de imprudencia no accidente.

Esta mesma semana, o alcalde da cidade, Miguel Fernández, destacou o traballo que realizou o operativo de seguridade durante este evento, que ao seu xuízo actuou “correctamente” e cualificou o ocorrido dun “cúmulo de circunstancias desgraciadas”.

A moza foi arremetida na rúa Bispo Aguirre, tras impactar con ela o animal que fuxía desbocado do desfile que se estaba celebrando na praza maior como parte do programa de festas, concretamente un dos actos máis tradicionais. Foi atendida no lugar do impacto, pero ingresou en estado grave no hospital, onde acabou falecendo quince días despois

O goberno local insistiu en que durante o evento contouse coa presenza de efectivos da Policía Local, Policía Nacional e seguridade privada contratada polo Pazo de Feiras e Congresos, entidade organizadora do acto. “Así mesmo, diversas asociacións colaboraron achegando veterinarios encargados de velar polo benestar animal”, indicou.

Aínda así, o alcalde anunciou tamén posibles modificacións do plan de seguridade para a próxima edición das festas. Ao mesmo tempo, o PP pediu que se constitúa unha comisión de investigación para este accidente e reclamou transparencia sobre os feitos.

+ posts

ÚLTIMAS

A presidenta da Deputación de Lugo subliña que a igualdade “ten que ser o eixo” que marque calquera decisión

A presidenta da Deputación de Lugo e alcaldesa de Burela, Carmela López, subliñou este...

A Deputación de Lugo adxudica por 300.000 euros obras en Adolfo Suárez e na estrada de Pantón

A Deputación de Lugo deu luz verde a dúas novas actuacións na rede viaria...

Deputación inviste case 300.000 euros para proxectos viarios en Lugo e Pantón

A Deputación de Lugo aprobou este venres a adxudicación de dous proxectos para continuar...

O Concello de Lugo lamenta que a Xunta non lles transmita información sobre o Plan Director da Muralla

O Concello de Lugo solicitou oficialmente á Xunta de Galicia a entrega do Plan...