InicioAncaresPedrafita do CebreiroFinalizan as obras para mellorar o sistema de saneamento do Cebreiro

Finalizan as obras para mellorar o sistema de saneamento do Cebreiro

O investimento supera os 700.000 euros, financiados integramente pola Confederación Hidrográfica do Miño-Sil.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, finalizou as actuacións de rehabilitación do sistema de saneamento do Cebreiro, no municipio lucense de Pedrafita.

Segundo informou a CHMS, no Cebreiro había un sistema de saneamento de funcionamento unitario que recollía as augas pluviais de escorrentía captadas polas rejillas para mesturalas coas augas residuais. Así, o exceso de caudal en tempo de choiva xeraba un funcionamento incorrecto do sistema de depuración.

Os traballos consistiron na renovación completa da rede de saneamento, así como a canalización e recollida de augas pluviais, da aldea do Cebreiro, evitando deste xeito que gran parte das augas pluviais do núcleo de poboación chegue á estación depuradora de augas residuais do mesmo.

Para iso, renovaron a rede de subministración eléctrica e a iluminación pública, reforzaron a rede de abastecemento de auga e instalaron as canalizacións necesarias para dotar ao núcleo de rede de fibra óptica.

O investimento supera os 700.000 euros, financiados integramente pola Confederación Hidrográfica do Miño-Sil.

ADENDA AO CONVENIO

Así mesmo, a CHMS destacou que a superficie a restituír mediante un novo empedrado que estaba prevista no proxecto actual viuse incrementada durante a execución dos traballos, polo que priorizaron a reposición nas rúas que necesariamente o requirían, ao renovarse as canalizacións dos diferentes servizos nas mesmas.

Por iso, teñen previsto asinar unha adenda ao actual convenio existente entre a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, O.A. e o Concello de Pedrafita do Cebreiro, que incluirá a execución das instalacións accesorias de recollida de augas pluviais de dúas pallozas, así como a renovación das bocas de incendios que serven ás mesmas. O financiamento para estas obras complementarias estímase en 55.000 euro.

+ posts

ÚLTIMAS

O PPdeG reclama a PSdeG e BNG “asumir responsabilidades” por permitir que Tomé siga de alcalde e deputado

O portavoz parlamentario do PPdeG, Alberto Pazos Couñago, esixiu ao PSdeG e ao BNG...

O PPdeG non asistirá ao acto do 8M na Deputación de Lugo por mor do “branqueamento” de José Tomé

Os deputados do Grupo Provincial Popular de Lugo anunciaron este martes que non asistiran...

A Rede Museística é a institución de referencia no apoio á creación feminina segundo un informe

informe Las Artistas, aquí y ahora elaborado pola Asociación de  Mujeres en las Artes...

Senadores do PP de Lugo reclaman a Sánchez “concretar prazos” para reparacións na N-6

Os senadores do PP de Lugo reprocharon ao Goberno que "non concrete prazos" sobre...