InicioSucesosVarios homes agriden de forma brutal a outro nas rúas de Lugo...

Varios homes agriden de forma brutal a outro nas rúas de Lugo e róubanlle 1.000 euros en efectivo e 220 máis en Lotaría

A Policía Local de Lugo informou da localización dun home con evidentes lesións faciais e sangrado abundante, quen manifestou ser abordado por varios individuos que o derrubaron e lle propinaron fortes patadas na cabeza, antes de roubarlle.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo informou de que un home sufriu na madrugada do 7 de outubro unha “brutal” agresión con roubo na vía públia. En total, subtraéronse 1.000 euros en efectivo –200 do peto traseiro e unha riñonera con outros 800– e 220 euros máis en Lotaría de Nadal, ademais de documentación persoal e as chaves do seu posto de traballo.

Segundo informa nun comunicado, os axentes interviñeron tras recibir aviso sobre a presenza dunha persoa ferida na confluencia da Avenida de Magoi coa Rúa Madanela. No lugar localizouse a un home con evidentes lesións faciais e sangrado abundante, quen manifestou ser abordado por varios individuos que o derrubaron e lle propinaron fortes patadas na cabeza, antes de roubarlle.

A vítima, segundo relata a Policía Local, relacionou o asalto cunha discusión previa ocorrida nun establecemento de hostalaría no que coincidira cun home acompañado dunha parella, quen podería observar onde gardaba o diñeiro ao usar unha máquina comecartos. A Policía Local trasladou que se obtiveron gravacións do local que permitirán avanzar na identificación dos autores. A vítima foi evacuada ao Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) dada a gravidade das lesións.

+ posts

ÚLTIMAS

Polémica en Lugo polos traxes dos Reis Magos: o BNG denuncia un gasto “innecesario” de 2.541 euros

A organización da próxima Cabalgata dos Reis Magos de Lugo, prevista para o 5...

A falta de cociñeiros obriga a cambiar menús en colexios de Lugo: denuncian que se serven pizzas e empanadas

Os comedores escolares constitúen un servizo fundamental para milleiros de familias, non só pola...

A Deputación de Lugo aproba o maior orzamento da súa historia: 155,2 millóns de euros para 2027 co voto en contra do PP

A Deputación de Lugo contará en 2027 co maior orzamento da súa historia, cun...

A Fiscalía de Lugo toma cartas no asunto tras as ameazas de bomba en decenas de centros educativos

A Fiscalía Provincial de Lugo abriu de oficio dilixencias de investigación para esclarecer a...