Home Lugo e contorna Obras de mellora na A-6: cortes no túnel de San Pedro durante catro días

Obras de mellora na A-6: cortes no túnel de San Pedro durante catro días

0
Obras de mellora na A-6: cortes no túnel de San Pedro durante catro días
Obras en túneles de Pedrafita. MINISTERIO DE TRANSPORTES

O Ministerio de Transportes avanza na execución as obras de mellora e modernización de varios túneles do porto de Pedrafita, entre os quilómetros 407 e 464,5 da autovía A-6: Cereixal, Doncos, San Pedro e Pedrafita, na provincia de Lugo; e Trabadelo, A Escrita e Villafranca na provincia de León.

Entre as actuacións previstas inclúese o cruzamento de diversas canalizacións pola calzada dereita da autovía A-6 nas proximidades do túnel de San Pedro que levará a cabo ao longo desta semana.

Para garantir a seguridade dos traballadores e usuarios durante a realización os traballos, cortarase a calzada dereita (sentido A Coruña) da autovía, no túnel de San Pedro, entre os quilómetros 432 e 435 desde as 7,00 horas deste martes, 30 de setembro, ata as 13,00 horas do venres, 3 de outubro.

Para asegurar a fluidez do tráfico habilitarase un itinerario alternativo, debidamente sinalizado, a través da calzada esquerda (sentido Madrid) da A-6 cun carril para cada sentido de circulación, entre os quilómetros 432,1 e 435,3.

Estas obras contan cun orzamento global de 22,7 millóns de euros (IVE incluído) con cargo aos fondos europeos no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR).

+ posts