InicioSociedadeHostaleiros de Lugo poderán instalar caldeiros de polbo durante as festas

Hostaleiros de Lugo poderán instalar caldeiros de polbo durante as festas

Rubén Arroxo subliña a boa acollida da medida, que require respectar accesos, circulación e protección dos viandantes.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Goberno local permitirá novamente aos establecementos de hostalaría da cidade instalar caldeiros na vía pública para a venda de polbo con motivo das festas do San Froilán. A autorización estenderase do 3 ao 12 de outubro, datas nas que Lugo celebra a súa festividade máis emblemática.

Así o anunciou este martes o tenente alcalde de Lugo, Rubén Arroxo, quen destacou que esta iniciativa “ten moi boa acollida cada ano entre os profesionais da hostalaría” e lembrou que quen se somen á proposta deberán cumprir cunha serie de requisitos. Entre eles, garantir sempre o tránsito peonil na zona, respectar os accesos a vivendas, garaxes e locais comerciais, e asegurar a seguridade dos viandantes.

Así mesmo, os caldeiros deberán instalarse de maneira que non interfiran na circulación de vehículos e terán que estar debidamente protexidos para evitar calquera contacto directo do público cos mesmos. En caso de incumprimento da normativa, advertiu Arroxo, poderá ordenarse a retirada total ou parcial dos elementos que non se adapten ás condicións fixadas ou que supoñan algún tipo de perigo.

+ posts

ÚLTIMAS

Récord histórico de matrícula no curso 2025-2026 na UNED de Lugo

O centro asociado da UNED en Lugo pechou o segundo prazo de matrícula do...

O PP aproba no Senado unha iniciativa para a rehabilitación do mosteiro de Vilar de Donas

O PP fixo uso da súa maioría absoluta no Senado para aprobar unha iniciativa...

Consideran “consistente” a declaración dunha das nenas que denunciaron un profesor por presunta agresión sexual

O xuízo contra o profesor de música de Albeiros acusado de agresión sexual a...

O PSOE de Baralla denuncia a falta de médicos no centro de saúde e a inacción do PP

O PSdeG de Baralla denuncia novamente a grave situación sanitaria que sofre o municipio...